Saltar ao contido

Martynas Sajus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartynas Sajus

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Kelmė (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLituania Editar o valor en Wikidata
Altura208 cm Editar o valor en Wikidata
Peso112 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Žalgiris-Arvydas Sabonis school (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2017Universíada de Verão de 2017 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: martynas-sajus Editar o valor en Wikidata

Martynas Sajus, nado o 22 de febreiro de 1996 en Kelmė, é un xogador de baloncesto profesional internacional lituano. Formado nas categorías inferiores do Žalgiris Kaunas, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,08 m, xoga na posición de pivote.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Kelmė, Lituania, Sajus chegou ao profesionalismo da man do Žalgiris Kaunas, club co que asinou un contrato de cinco anos en 2014, comezando a xogar co filial do equipo da segunda división do país. Na súa primeira temporada, fixo unha media de 5,4 puntos e 3,9 rebotes por partido. En decembro de 2015, debido ás lesións no primeiro equipo debuta na máxima categoría LKL contra o BC Dzūkija, anotando no seu primeiro encontro dous puntos. O 29 de decembro de 2015, estreouse na EuroLiga contra o Laboral Kutxa. Após finalizar a temporada, foi cedido ao Polpharma Starogard Gdański da primeira división polaca. Tras unha tempada exitosa, regresou ao Žalgiris, dividindo o seu tempo entre o filial o primeiro equipo.

O 3 de xullo de 2018, separouse do equipo e asinou co Wilki Morskie Szczecin polaco. Durante a temporada 2019−20, regresa a Lituania para xogar nas filas do Lietkabelis, debutando tamén na Basketball Champions League. Nesta última competición fai unha media de 8,9 puntos e 4,9 rebotes por partido. El 6 de xuño de 2020 faise oficial a súa fichaje polo BAXI Manresa da Liga ACB. Após finalizar o seu contrato co club catalán, asina co Medi Bayreuth da Basketball Bundesliga, onde fai unha media de 11,2 puntos e 7,1 rebotes por encontro. Tras un ano en Alemaña, asina co ONVO Büyükçekmece da Basketbol Süper Ligi (BSL), sendo os seus números 10,5 puntos e 5,4 rebotes por xogo.[2] O 17 de xullo de 2023, Sajus asinou un contrato dun ano con Río Breogán da Liga ACB e a Basketball Champions League.[1]

Ao longo da súa carreira, Sajus ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

  1. 1,0 1,1 "O Río Breogán incorpora ao pivote internacional lituano Matynas Sajus". CB Breogán. 17 de xullo de 2023. Consultado o 17 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Martynas Sajus, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]