Saltar ao contido

Cabaleiros da Táboa Redonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mesa Redonda»)
Non confundir con Mesa redonda de debate.
A Mesa Redonda de Winchester (século XIII)

Os cabaleiros da Táboa Redonda foron os homes premiados coa máis alta orde da Cabalaría, na corte do Rei Artur, no Ciclo Artúrico. A Táboa Redonda ou Mesa redonda, ao redor da cal eles se reunían, foi creada con este formato para que non tivese cabeceira, representando a igualdade de todos os seus membros. En diferentes historias, varía o número de cabaleiros, indo de 12 a 150 ou máis.[1] A Winchester Round Table, que data de 1270, é unha lista con 25 nomes de cabaleiros.

Código de cabalaría

[editar | editar a fonte]

Sir Thomas Malory describe o código dos cabaleiros como:

  • Nunca insultar nin asasinar;
  • Evitar sempre a traizón;
  • De ningunha forma ser cruel, mais conceder misericordia a quen pedir por ela;
  • Sempre socorrer señoras, damas e viúvas;
  • Nunca forzar señoras, damas ou viúvas;
  • Nunca asumir loitas e querelas erradas por amor ou bens materiais.
  • Sempre protexer o non matar.
  • Axudar ao próximo.

Orixes da Táboa Redonda

[editar | editar a fonte]

O primeiro escritor a describir a Táboa Redonda foi o poeta do século XII Wace, cuxo Roman de Brut tomou como base a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth. Este recurso foi utilizado por moitos autores posteriores. Aínda, mesmo os primeiros autores atribúen a Artur un séquito de guerreiros extraordinarios; en Geoffrey, a corte de Artur atrae os maiores heroes de toda a Europa. No material artúrico galés, moito do cal está incluído nos Mabinogion, atribúense habilidades sobrehumanas aos homes de Artur. Algúns dos personaxes do material galés aparecen mesmo so nomes alterados como cabaleiros da Táboa Redonda nas novelas continentais, os mais notábeis dos cales son Cai (sir Kay), Bedwyr (sir Bedivere) e Gwalchmai (sir Gawain).

Lista de cabaleiros da Táboa Redonda

[editar | editar a fonte]

Teoricamente, a Táboa Redonda tería apenas 12 ou 24 cabaleiros, conforme as versións. No entanto, nas varias historias e versións das lendas, aparecen referidos como cabaleiros mais dunha centena de nomes, dos cales, os mais famosos van a seguir referidos.

Nota: nas versións medievais galego-portuguesas das historias da Táboa Redonda, os nomes dos cabaleiros eran moitas veces precedidas do título de nobreza don. Modernamente, por influencia anglosaxoa, mesmo nas linguas galega e portuguesa pasou a ser común preceder os nomes polo título británico correspondente (sir).

Nome Variantes do Nome Alcuña Descrición Obras Literarias
Accolon Accolon de Galia Amante de Morgana e inimigo de Artur
Aglovale Fillo do Rei Pellinore de Listinoise
Agravain Agraveine Fillo do Rei Lot de Orkney
Bedivere Bedwir, Bedwyr Condestábel e un dos principais conselleiros de Artur
Boors Bors, Bohort, Bohor Boors, o Exilado Rei de Gaunes (Galia), irmán de Leonel, primo de Lancelot e de Heitor. Un dos que chegou ao fin da demanda do Graal
Breunor La Cote Male Taile
Cador
Calogrenant
Caradoc Karadoc Caradoc Freichfras (Caradoc Brazo-Forte)
Colgrevance
Constantino Constantine Fillo de Cador e que se tornou Rei após a morte de Artur
Dagonet Dragonet O Bobo da Corte
Daniel
Dinadan Irmán de Daniel e Brunor
Gaheris Guerrehet Fillo de Lot e de Morgause
Galahad Galaaz Galahad o Valente (Galahad, o Valente Cabaleiro) Fillo de Lancelot
Galehaut Señor das illas afastadas
Gareth Gaheriet Gareth, o Franco Fillo de Lot e de Morgause
Gauvain Galvam e Galvão (versións galego-portuguesas medievais), Gawain, Gauvaine, Gawaine, Balbhaidh, Gwalchmai O Falcón Fillo de Lot e de Morgause e sobriño de Artur
Geraint Érec Érec e Énide
Gingalain O Belo Descoñecido Fillo de Gauvain
Girflet Jauffré
Heitor Hector, Ector Heitor das Lagoas Fillo do Rei Ban de Benoic e da Raíña Helena, padrasto de Artur e pai de Kay
Hoel
Hunbaut
Ivain Ivaine, Ywain, Owain, Owains O Cabaleiro do León Fillo de Uriens e de Morgana. Un dos mellores cabaleiros, expulsado por Artur, mais a el fiel e ás demandas. Acompañado dun león. Yvain, o Cabaleiro do León
Ivain, o Bastardo Ywain o Bastardo Ywain o Aventureiro Tamén fillo de Uriens
Kay Cai, Kai, Keu, Caius, Caio Senescal, frecuentemente asociado con Bedivere, un dos primeiros personaxes en formar parte dos Cabaleiros da Táboa Redonda de Artur
Lamorak
Lancelot Lanzarote, Lancelote, Launcelot Lanzarote do Lago, O Cabaleiro da Carruaxe, O Cabaleiro Branco Fillo do Rei Ban, medio-irmán de Heitor e Pai de Galahad. Criado por Viviane nun lago. Salvador e amante de Xenevra.
Leodegrance Leodegrans, Léodagan Pai de Xenevra e Gardián da Táboa Redonda
Lionel Leonel Fillo do Rei Bohort
Lucan
Maleagant Dicíase quer era fillo bastardo de Leodegrance e secuestrou e violou a Xenevra
Mordred Mortret, Morderet (galego-portugués medieval) Xove deus cornudo Fillo ilexítimo de Artur e Morgana e destruidor do seu reino
Morholt
Palamedes O Sarraceno
Pelleas
Pellinore Pai de Elaine, muller que casou con Lancelot, e foi mai de Galahad
Perceval Peredur, Percival, Persifal, Parsifal, Parcival, Parzifal Perceval o Galés Fillo de Pellinore e, nalgunhas versións, vencedor da demanda do Graal
Safir Irmán de Palamedes
Sagramore Sagremor Sagramor, le Desrée Neto do emperador Adriano de Constantinopla
Tor
Tristán Tristan, Tristam Tristán de Lyonesse Tristán e Iseu
Urien Rei de Gore, foi casado con Morgana, irmá de Artur

Segundo as varias versións da historia os vencedores da demanda do Graal foron Galahad, Perceval ou Bohort.

  1. Daniel Mersey, Myths & Legends: The Knights of the Round Table, page 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chrétien de Troyes; Owen, D. D. R. (tradutor) (1988). Arthurian Romances. Nova York: Everyman's Library. ISBN 0-460-87389-X.
  • Lacy, Norris J. (Ed.) (1 de abril de 1995). Lancelot-Grail: The Old French Arthurian Vulgate and Post-Vulgate in Translation, Volume 4 of 5. Nova York: Garland. ISBN 0-8153-0748-9.
  • Malory, Thomas; Bryan, Elizabeth J. (introdución) (1994). Le Morte d'Arthur. Nova York: Modern Library. ISBN 0-679-60099-X.
  • Loomis, Roger Sherman (1997). Celtic Myth and Arthurian Romance. Academy Chicago Publishers. ISBN 0-89733-436-1.
  • Wilson, Robert H. The "Fair Unknown" in Malory. Publications of the Modern-Language Association of America (1943).