Saltar ao contido

Monteferro, Panxón, Nigrán

(Redirección desde «Monteferro»)
Monteferro

Península de Monteferro.
ParroquiaPanxón
ConcelloNigrán
Coordenadas42°09′11″N 8°50′07″O / 42.153190246311, -8.835238846395
editar datos en Wikidata ]

Monteferro[1] é un lugar da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Permite unha visión dende a costa da paisaxe do interior do concello e do litoral da praia de Area Loura (praia América) e a praia de Patos, así como de Baiona e as illas Estelas, dende a súa península.

Ademais da beleza do seu arboredo e as súas vistas, Monteferro destaca polo seu rico patrimonio histórico. Na ladeira noroeste descubriuse en 1993 un depósito arqueolóxico de restos romanos con muros de lousa, un sistema de canalización de augas así como numerosas pezas de cerámica. No seu cumio está o monumento á mariña universal, erixido en 1913 por subscrición popular. Polo camiño que discorre cara ó lado norte do acceso ó faro atópase unha parede utilizada para facer escalada.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Panxón

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Panxón no concello de Nigrán (Pontevedra)

A Area Alta | A Barcalleira | A Bouza Vella | A Calzada | A Carballesa | O Carballo da Palma | O Carregal | As Dunas | O Formigón | Gaifar | A Madorra | O Mallón | Monteferro | Paraviñaval | Patos | A Porqueira | Portocelo | A Praia | O Quinteiro | A Rabadeira | O Rial | O Río do Forno | San Xoán | Sancho | O Seixo | A Touza | O Tripeiro | A Veiga da Arca | Xermaña

Parroquias de Nigrán

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Nigrán

Camos (Santa Baia) | Chandebrito (San Xosé) | Nigrán (San Fiz) | Panxón (San Xoán) | Parada (Santiago) | Priegue (San Mamede) | A Ramallosa (San Pedro)

  1. Aínda que no nomenclátor da Xunta Arquivado 04 de abril de 2014 en Wayback Machine. veña co artigo diante, é dicir, O Monteferro, parece tratarse dun erro, pois son moi numerosas as referencias que sinalan que o topónimo é simplemente Monteferro, por exemplo a Deputación de Pontevedra Arquivado 30 de outubro de 2014 en Wayback Machine., o Portal Educativo da Xunta de Galicia[Ligazón morta], o Diario Oficial de Galicia ou a propia Televisión de Galicia Arquivado 23 de decembro de 2003 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • BRAVO PINTOS, MINIA e outros, Monteferro, Aula de renovación urbana e rehabilitación, USC, 60 pax., xuño de 2009 (en castelán).