Saltar ao contido

Oogonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Oogonia»)

O oogonio[1] (en latín e noutras linguas, Oogonium; en plural, oogonia) é o órgano reprodutor feminino das talófitas, célula maioritaria do tecido ovárico que é fonte de oocitos[2]. Tamén é nomeado coma ovogonia ou oogonia[3]. Pódese referir a un óvulo de primeira orde no feto femia ou ao gametanxio de certos talófitos.

Os oogonios fórmanse en gran número pola mitose cedo no desenvolvemento dun feto a partir das células xerminativas. Nos humanos comezan a se desenvolver entre a cuarta e a oitava semana e están presentes no feto entre as semanas 5 e 30.

Unha vez que as células xerminativas chegaron ao interior do ovario desenvólvense coma oogonios. Os oogonios migran dende o saco de xema á beira xenital (o local dos ovarios futuros) situados na parede abdominal posterior.

Os oogonios desenvólvense por mitose. Así mesmo algúns deles tórnanse oocitos de primeira orde, os cales comezan a meiose que se detén na profase I. Cando entran na profase I da meiose vólvense oocitos de primeira orde; cómpre dicir que estes procesos complétanse antes do nacemento, en contraste coa espermatoxénese. Os oocitos de primeira orde están presentes dende a semana 10 até a menopausa aos ~53 anos nas mulleres.

Nos talófitos

[editar | editar a fonte]

En ficoloxía e micoloxía, oogonio refírese ao gametanxio feminino se a unió do masculino (mótil ou non mótil) e a feminina (gameto) ten lugar dentro desta estrutura.[4][5] Os oognios normalmente están arrodeando células ou sacos que conteñen unha ou máis oosferas. O anteridio masculino adoita producir moitas células con flaxelos agás nos Rhodophyta que non teñen flaxelos.[6]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  2. Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
  3. Sinónimos en "Bioloxía fundamental" de Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  4. Stegenga, H. Bolton, J.J. and Anderson, R.J. 1997. Seaweeds of the South African West Coast. Bolus Herbarium, University of Cape Tow. ISBN 0 7992 1793 X
  5. Smyth, G.M. 1955. Cryptogamic Botany. vol. 1. McGraw-Hill Book Company
  6. Fritsch, F.E. 1965. The Structure and Reproduction of the Algae. Vol. 1 Cambridge University Press

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]