Lista de monarcas de León
Segundo a visión tradicional da historiografía española, cuxos conceptos básicos foron introducidos no século XIX por historiadores como Lafuente ou Simonet, o reino medieval de León tivo a súa orixe na transferencia da capital do reino de Asturias de Oviedo para a cidade de León en tempos do rei Afonso III. Segundo o relato dos historiadores decimonónicos, após a morte de Afonso o reino foi dividido entre os seus tres fillos: Froila II gobernou nas Asturias, Ordoño II en Galicia, e García I en León; polas súas mortes sucesivas, todos virían a reinar sobre o reino de León, a entidade hexemónica. Durante algúns períodos de tempo o reino de León foi dividido (Castela, Galicia e Portugal), para despois se volver a se unificar (excepto Portugal, que non mais volveu á súa órbita); extinguíndose definitivamente en 1230, cando foi absorbido por Castela.
Porén, este punto de vista, que xa fora posto en cuestión na súa orixe polos historiadores galegos[1], é hoxe discutido por unha parte da historiografía moderna que considera que as denominacións reino de Asturias e reino de León suplantan á de reino de Galicia, verdadeiro nome do reino, como amplamente demostran as fontes documentais[2][3][4][5][6]
A revisión da documentación acredita a inexistencia dun reino chamado de Asturias[7][8] e a errónea suplantación de Galicia por léon[9]. De feito, a primeira mención documental a un reino de tal nome non aparece até o século XI, na crónica de Sampiro, recollida na Historia Legionense. Nun texto no que fica patente que é Galicia o obxecto da narración, pois así é denominado constantemente o reino[10], até en vinte e oito ocasións.[11]
Nómina dos reis de Galicia con sede rexia na cidade de León.
[editar | editar a fonte]A dinastía dos Ordóñez (910-1037)[12]
Imaxe | Nome | Reinado |
---|---|---|
García I | 910 - 914 | |
Ordoño II | 914 – 924 | |
Froila II | 924 - 925 | |
Afonso Froilaz | 925 - 926 | |
Sancho I | 924 - 929 | |
Afonso IV o Monxe | 929 – 931 | |
Ramiro II | 931 – 951 | |
Ordoño III | 951 – 956 | |
Sancho II o Gordo | 956 – 958 | |
Ordoño IV o Mau | 958 – 960 | |
Sancho II o Gordo | 960 – 966 | |
Ramiro III | 966 – 982 | |
Bermudo II o Gotoso | 982 – 999 | |
Afonso V o Nobre | 999 – 1028 | |
Bermudo III | 1028 – 1037 |
A dinastía galaico-navarra (1037-1157)[12]
Despois de derrotar as tropas galegas e da morte do rei Bermudo III na batalla de Tamarón, o navarro Fernando I accede ao trono polo casamento con Sancha, irmá de Bermudo.
Imaxe | Nome | Reinado |
---|---|---|
Fernando I | 1037 – 1065 | |
División do reino | 1065 – 1073 | |
Afonso VI | 1073 – 1109 | |
Urraca I | 1109 – 1126 |
A dinastía Borgoña (1126-1369)[12]
Imaxe | Nome | Reinado |
---|---|---|
Afonso VII o Emperador | 1126 – 1157 | |
Fernando II | 1157 – 1188 | |
Afonso VIII | 1188 – 1230 |
Após a morte de Afonso VIII, o seu fillo Fernando, xa rei de Castela (herdanza materna), herdou tamén a coroa galego-leonesa, a pesar do seu pai o ter desherdado en favor das fillas Sancha e Aldonza. Polo acordo de paz firmado por mediación da súa nai, Teresa de Portugal, estas renunciaron ao trono en favor do medio-irmán; foi entón que se deu a unificación definitiva dos reinos de Galicia-León e Castela-Toledo, manténdose embora* os privilexios, foros e costumes propios de cada reino en separado.
Dinastía da Borgoña (restauración: 1284-1285 e 1296-1301)
Xurdiron aínda novas tentativas de separar novamente os reinos. O sucesor de Fernando III, o célebre Afonso IX, o Sabio, desherdou en 1282 o seu segundo fillo (o futuro Sancho IV de Castela), con quen se puxera a mal, atribuíndo ao neto que tivera do seu fillo mais vello, Fernando de Lacerda, a coroa de Castela, e ao seu fillo terceiro, Xoán, a coroa dos reinos de Galicia e de León. Por morte do rei, Sancho conseguiu coroarse, contra o estabelecido en testamento, rei de tódolos reinos. Despois da súa morte, durante a menoridade de Fernando IV, Xoán foi coroado en León rei de Galicia, León e Sevilla.[13][14]
Dinastía de Lencastre (1371-)
Após o asasinato do rei Pedro I de Castela, o último membro da dinastía da Borgoña, e a subida ao trono do Trastámara, Henrique II de Castela, o duque de Lancaster Xoán de Gante casou cunha filla daquel, Constanza, e adoptou os títulos reais lexítimos da súa muller (rei de Galiza, León, Castela etc.) dispoñéndose a facelos efectivos. Foi aclamado rei polos nobres galegos desembarcando na Coruña no 1386. Porén, a evolución dos acontecementos militares xunto a epidemia de peste forzou a súa retirada no ano seguinte.
A lista prosegue con Lista de monarcas de Castela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Murguía, Manuel (1891). Historia de Galicia IV. p. 22.
[…] los árabes […] siempre que se trata de monarcas denominados de León y de las gentes que viven bajo su régimen, les llaman reyes de Galicia y gallegos
- ↑ Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (en castelán) 41 (130): 169.
Si fuera por el número de apariciones en las fuentes, habría que concluir que Galicia fue el nombre del reino de Asturias
- ↑ Nogueira, Camilo (2001). A memoria da nación: O reino de Gallaecia. Xerais. p. 144.
As fontes documentais cristiás e as historiografías carolinxia e árabe da época poñen en evidencia que os monarcas cristiáns eran denominados reis de Gallaecia
- ↑ López Carreira, Anselmo (1998). O reino de Galiza. A Nosa Terra. p. 6.
falar dos reinos de Asturias e León é unha sinécdoque (xa se sabe, tomar a parte polo todo), pois naquela época a todo ese territorio chamabaselle Galiza (segundo se pode comprobar tanto nos documentos como nos mapas)
- ↑ López Teixeira, Xose Antonio (2010). A formación do reino de Galiza (711-910). Toxosoutos. p. 142.
Gallaecia foi o topónimo que identificaba, alén das nosas fronteiras, a todo o conxunto de territorios que conforman o cuadrante noroccidental peninsular. Os cronistas árabes e francos nomeaban a nova formación social como Gallaecia, e nela incluían o distrito de Asturias e as cidades de Léon, Astorga e Zamora […]"
- ↑ "Breve historia de Galiza (Francisco Carballo)" (PDF). Asociación Cedofeita. Consultado o 01/10/2018.
Asturias non foi nunca reino, nin León antes da división a vir de Fernando I. De Paio a Vermudo III eran reis da Galecia, non de León, nin Asturias. Tanto o "neogoticismo" a derivar dos godos o inexistente reino asturián, como a ideoloxía españolista que inventa unha España desde os visigodos, Covadonga etc. ata os Borbóns, son pura fantasía.
- ↑ Murado, Miguel Anxo (2016). Outra idea de Galicia. Debate. ISBN 9788499923468.
O que non existía entón era un reino asturiano como tal […]. Para os seus contemporáneos, o Reino de Asturias era na realidade o Reino de Galicia […]
- ↑ Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (en castelán) 41 (130): 154.
el nombre "reino de Asturias" no aparece en la documentación de la época (..) la fórmula regnante in Asturias (..) sólo fue una forma de datar los documentos
- ↑ Colin Smith, Christopher (2000). The Geography and History of Iberia in the Liber Sancti Jacobi. The Pilgrimage to Compostela in the Middle Ages (en inglés). p. 32.
The reasons for the extreme prominence of Galicia throughout - leon, castile, and other political entities - being hardly mentioned can be conjetured and are not quite so absurd as might be throught; not was such a misconception (that the kingdom of leon was called Galicia) confined to the present text.
- ↑ Escalona, Julio (decembro de 2012). "La geografía de la Historia Legionensis (antes llamada Silensis). Ensayo de análisis". e-Spania (en castelán) (14). ISSN 1951-6169. doi:10.4000/e-spania.21620.
en la mayor parte de los casos la Gallecia de HL coincide claramente con el reino de León”, “Establece una identificación sistemática entre un centro de poder (León) y un reino al que suele denominar Gallecia
- ↑ Le Morvan, Gaël (decembro de 2012). "Reinos e imperio: la Historia legionensis (llamada silensis) y la reivindicación leonesa de la herencia visigótica". e-Spania (en castelán) (14). 59. ISSN 1951-6169. doi:10.4000/e-spania.21681.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 López Teixeira, Xosé Antonio (2010). "Datos cronolóxicos e series dinásticas". A formación do reino de Galiza. Toxos Outos. p. 9-10.
- ↑ Diario, Nós. "Xoán I, o fillo de Afonso X que restaurou a independencia de Galiza". Nós Diario. Consultado o 2021-07-12.
- ↑ González López, Emilio (1980). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. pp. 422–425. ISBN 84-7154-303-6.
...e el pleito havianle tratado e puesto de esta manera, que diesen luego al infante Don Juan todo el reino de Galicia, e que se llamase ende Rey, e que toviese en su vida la ciudad de León e todos los lugares que havia tomados - Crónica del Rey don Fernando IV
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-293-0.
- Murado López, Miguel-Anxo (2008). Otra idea de Galicia. Debate. ISBN 84-8306-771-4. Publicado tamén en galego: Murado, Miguel-Anxo (2013). Outra idea de Galicia. Debate. ISBN 978-84-9992-346-8.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do reino de Galiza (711-910). Editorial Toxosoutos. ISBN 978-84-9279-276-4.
- Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (Universidade de Deusto) 41 (130): 135–206.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
Portugal | España | ||||||||
Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca |