Saltar ao contido

Rexión paleártica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rexión Paleártica»)
O Paleártico.

A rexión paleártica, ou paleártico,[1] identifica, dentro da bioxeografía, unha das oito ecozonas nas que se divide a Terra. A rexión paleártica engloba as áreas terrestres de Europa, o norte de África ata á beira sur do Sáhara e Asia ata ó norte do Himalaia, deixando fóra as penínsulas da India e o sur da Arabia. A rexión Paleártica ten a súa orixe no período Paleóxeno (antes chamado período Terciario), cando se desenvolveron na zona novas formacións de plantas e novas especies de animais.

Co Neártico (a biozona constituída por Groenlandia e Norteamérica ata ó norte de México) forma a rexión Holártica. Os límites exactos destas rexións son discutidos: Groenlandia pode incluírse tanto no Paleártico como no Neártico e os límites exactos do Paleártico no Himalaia, na súa fronteira coa rexión oriental son pouco definidos como amosan os cambios nas formacións vexetais que se atopan nas zonas fronteirizas.

  1. "paleártico, -a". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1552.