Saltar ao contido

Rosendo Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rosendo Luis Fernández Fernández»)
Modelo:BiografíaRosendo Fernández
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Salvaterra de Miño, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Merca
1987 – 1996 (dimisión)
← Manuel Vázquez OuteiriñoManuel Vázquez Outeiriño → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata

Rosendo Luis Fernández Fernández, nado en Salvaterra de Miño o 23 de marzo de 1954, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Sanidade en Ourense, é máster en Administración e Xestión Sanitaria pola Universidade de Vigo. Presentouse ás eleccións municipais de 1987 na Merca encabezando a candidatura da CPG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde logo das eleccións de 1991 por Centristas de Galicia e 1995, xa polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Foi director de Atención Primaria en Ourense de 1992 a 1996. Dimitiu como alcalde en 1996 cando foi nomeado director provincial do SERGAS.[1] En 2000 foi nomeado subdelegado do Goberno en Ourense permanecendo no cargo ata o 2004. Foi elixido deputado do Parlamento Galego nas eleccións autonómicas de 2009 e foi portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular. Secretario xeral do Partido Popular de Ourense, dimitiu como deputado en 2011 para presentarse como candidato á alcaldía de Ourense.[2] Foi elixido concelleiro e deputado provincial. Foi vicepresidente da Deputación de Ourense. Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como número dous nas listas do PP ao concello da Merca,[3] e volveu ser elixido vicepresidente da deputación.[4]


Predecesor:
Manuel Vázquez Outeiriño
 
Alcalde da Merca
 
1987 - 1996
Sucesor:
Manuel Vázquez Outeiriño

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou cunha filla de Elisa Nogueira Méndez.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]