U.C. Sampdoria
Sampdoria | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Unione Calcio Sampdoria S.p.A. | |||
Alcume(s) | Blucerchiati; Samp; Doria | |||
Fundación | 1 de agosto de 1946 (78 anos) | |||
Estadio | Stadio Luigi Ferraris, Xénova, Italia | |||
Inauguración | 1989 | |||
Capacidade | 36.536 | |||
Presidente | Edoardo Garrone | |||
Adestrador | ||||
Liga | Serie B | |||
2023-24 | 7º | |||
Na rede | ||||
http://www.sampdoria.it/ | ||||
| ||||
A Unione Calcio Sampdoria é un club de fútbol de Italia, da cidade de Xénova. Foi fundado en 1946, froito da fusión da Sampierdarenese e a Andrea Doria, dous antigos equipos xenoveses dos que adoptou a combinación de cores da súa camiseta. Xoga na Serie A italiana.
Desde a súa fundación, a Sampdoria conquistou un Scudetto, catro Copas de Italia, unha Supercopa e unha Recopa de Europa, o único trofeo internacional que posúe o club. Con todo, o momento álxido do equipo xenovés chegou en 1992 cando, tras gañar a liga italiana, alcanzou a final da Liga de Campións da UEFA que perdeu fronte ao FC Barcelona. Tamén perdeu contra o Barcelona unha Recopa, en 1989, un ano antes de gañar devandito torneo.
O seu máximo rival é o Genoa, equipo co que protagoniza o Derbi della Lanterna (nome dado pola Torre della Lanterna), no Estadio Luigi Ferraris.
Historia
[editar | editar a fonte]A Unione Calcio Sampdoria nace o 1 de agosto de 1946 da unión de dous equipos da cidade, Società Sampierdarenese e Andrea Doria. Ese mesmo ano debuta na Serie A. Na tempada 90-91 obtén o seu primeiro e único scudetto. A tempada seguinte, chegaría á final da Copa de Europa disputada no Estadio Wembley, na que caeu pola mínima 1-0 ante o FC Barcelona de Johan Cruyff.
Estadio
[editar | editar a fonte]Estadio Luigi Ferraris, fundado en 1989, con capacidade para 38.879 persoas. Foi construído para ser usado na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Ten unhas dimensións de 106 x 68 metros.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do UC Sampdoria.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]Actualizado o 26 de xaneiro de 2012
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Liga de Italia (1): 1990-91
- Copa de Italia (4): 1984-85, 1987-88, 1988-89, 1993-94
- Supercopa de Italia (1): 1991
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Recopa de Europa (1): 1989-90
- Subcampión da Recopa de Europa (1): 1988-89
- Subcampión da Copa de Europa (1): 1991-92