Wilkinson Microwave Anisotropy Probe
MAP / WMAP / Wilkinson Microwave Anisotropy Probe | |
---|---|
Representación artística da WMAP en camiño da súa órbita de traballo. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | En órbita, fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 30 de xuño de 2001, 19:46 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 7425[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo do fondo cósmico de microondas.[1][2] |
NSSDC ID | 2001-027A |
Masa | 840,0 kg[1] |
Potencia | 419,0 vatios[1] |
WMAP (acrónimo de Wilkinson Microwave Anisotropy Probe, Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson) foi un observatorio espacial estadounidense lanzado o 30 de xuño de 2001 mediante un foguete Delta 7425 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a unha órbita de Lisajous arredor do punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]WMAP pertence ó programa Explorer da NASA, e dentro deste programa pertence ás naves de clase MIDEX, no que se encadran as sondas de presuposto medio. A súa misión era observar e estudar o fondo cósmico de microondas para determinar algúns parámetros da teoría do big-bang, investigar como e cando se formaron as primeiras galaxias. Para iso o observatorio medía as diferenzas de temperatura entre diferentes partes do ceo no rango das microondas.[1][2][3]
O observatorio foi lanzado cara ao punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol, a 1,5 millóns de quilómetros de distancia da Terra na dirección contrario ao Sol, onde a gravidade dos dous corpos maiores se equilibran e o observatorio pode permanecer orbitando sen que nin a Terra nin o Sol lle pasen por diante.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (1 de xullo de 2013). "WMAP" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2011). "MAP" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: MAP (WMAP, MIDEX 2, Wilkinson)" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013.
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MAP" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 23 October 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-88239). 31 de outubro de 2001: 5. Consultado o 25 de xullo de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "MAP" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wilkinson Microwave Anisotropy Probe |