Saltar ao contido

Kamui Kobayashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de maio de 2011 ás 14:20 por 213.60.32.228 (conversa) (a primeira edición deste artigo procede total ou parcialmente dunha tradución de ca:Kamui Kobayashi e es:Kamui Kobayashi)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Modelo:Piloto F1

Kamui Kobayashi (Hyogo, Xapón, 13 de setembro de 1986) é un piloto de Fórmula 1 que actualmente é o piloto do equipo Sauber, aínda que disputou algúns grandes premios co equipo Toyota.

Traxectoria

Kobayashi iniciou a súa traxectoria automobilística en 2003 na Fórmula Toyota de Xapón, onde finalizou en 2 ª posición, só superado por Kazuki Nakajima, o que lle permitiu que fose integrado no Toyota Young Drivers Program, estrutura formativa de novos pilotos de Toyota. Kobayashi foi enviado a Europa a disputar o campionato italiano da Fórmula Renault, onde o primeiro ano finalizou 4 º e o segundo alzouse co título italiano e europeo.

En 2006, tamén co apoio de Toyota, accede á Fórmula 3 europea, campionato no que finalizou en 8 ª posición, converténdose no debutante mellor clasificado. A finais de 2006 participou nos test de pretemporada da Fórmula 1 de Toyota F1, con todo, para a tempada 2007 seguiu á Fórmula 3 .

En 2008 foi nomeado piloto probador de Toyota F1, tarefa que continuou durante o 2009, aínda que a lesión do piloto titular Timo Glock propiciou que Kobayashi disputase os dous últimos grandes premios do campionato, o Gran Premio de Brasil onde finalizou en 9 ª posición e o Gran Premio de Abu Dhabi onde finalizou nunha meritoria 6 ª posición, sumando así os seus primeiros puntos na Fórmula 1.

Kamui Kobayashi impresionou no seu debut na F1 nas carreiras de Brasil e Abu Dhabi, polo que Toyota íalle a dar un volante para á tempada 2010. Pero tras a retirada da marca xaponesa, Kamui tivo que buscar equipo, sendo contratado por Sauber.

Resultados completos na Fórmula 1

Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Posición Puntos
2009
Toyota
AUS
MAL
CHN
BAH
ESP
MON
TUR
GBR
ALE
HUN
EUR
BEL
ITA
SIN
XPN
PO
BRA
9
ABU
6
18º 3
2010 Suíza
BMW Sauber
BAH
Ret
AUS
Ret
MAL
Ret
CHN
Ret
ESP
12
MON
Ret
TUR
10
CAN
Ret
EUR
7
GBR
6
ALE
11
HUN
9
BEL
8
ITA
Ret
SIN
Ret
XPN
7
RCO
8
BRA
10
ABU
14
12º 32
2011 Suíza

Sauber

AUS
DSC
MAL
7
CHN
10
TUR
NSC
ESP
-
MON
-
CAN
-
EUR
-
GBR
-
ALE
-
HUN
-
BEL
-
ITA
-
SIN
-
XPN
-
RCO
-
IND
-
ABU
-
BRA
-
10º 7

Referencias