Saltar ao contido

Jenson Button

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 8 de maio de 2011 ás 21:04 por 213.60.32.228 (conversa)

Modelo:Piloto F1


Jenson Button en Indianápolis no 2004

Jenson Button naceu o 19 de xaneiro de 1980 en Frome e polo de agora reside en Bicester, ámbolos dous lugares se atopan en Inglaterra, pero tamén pasa temporadas residindo en Mónaco. Está solteiro, e calificado coma un dos pilotos máis altos da Fórmula 1 grazas aos seus 1'81 metros (aínda que existen outras fontes que fan varia-la súa altitude dende 1'73 até 1'82); do mesmo xeito acontece co seu peso (as fontes non son unitarias nun peso concreto), e a variacións concorren dende os 68 ata os 74 quilos.

Xa con 9 anos, e co apoio de seu pai John (que lle regalou por Reis un kart), corría nos circuitos de karting; tampouco lle importou perde-las clases de escola por viaxar por todo o mundo. Dende o ano 1989 até o ano 1997 debutou en karting, no que coseguiu alguns premios: O Campionato Británico de Cadetes de Karting no 1991 (con 34 carreiras); seguíronlle 3 veces campión no Aberto Británico de Karting (e algúns campionatos máis ata conformar 8 premios); no 1995 faise co título de ICA Senior Italiano; tamén nese ano recaeu na súas mans o título de Campión Europeo de Super Kart. Unha viaxe a Xapón permítelle a Jenson codellar no Ayrton Senna Memorial Cup, no que entra coma piloto axeitado tras unha asombrosa carreira de karting. A súa capacidade para aprenderse os circuitos é admirable e o seu desexo de vitorias, insaciable. Ten un bo control do volante e unha boa dose de sangue fría. As 50 veces que tivo que estar no podio durante a súa etapa en 1998 na Fórmula Ford é un exemplo; compre citar por dicir algo, pilotando para Haywood Racing consegue no Ultra-Competitivo Campionato Británico unhas 9 vitorias; as carreiras de Europa levan a este piloto a poñerse no segundo posto do Campionato Europeo; e un triunfo fai redondea-lo ano no Festival da F3 de Ford.

Despois, seguiu mostrando o seu potencial na Fórmula Ford e na Fórmula 3000. Pero o que máis sorprende deste piloto é que se subiu ao máis alto rompendo todolos récords de xuventude. No recoñecemento o talento especial chegalle a concesión do prestixioso título de Xoven Piloto do Ano, promovido pola McLaren Autosport BRDC a finais do 1998.

Tivo a sorte, lóxica, de subir até a Fórmula 1 cando no novembro do 1999 toma a pista cun McLaren MP4/13, semanas máis tarde , nunha proba para o equipo da Prost, Jenson derrota o experimentado Jean Alesi; xa que a xente importante deuse conta nada máis velo de que era un auténtico prodixio.

Despois dun grande ano no seu debut en Williams (8º con 12 puntos). Con 20 anos era o piloto máis xoven da parrilla na apertura do Gran Prix (corría por aquel entón o ano 2000); a súa serenidade e o seu ritmo na carreira fixeron a longo da tempada o 8º no Campionato de Pilotos, unha proeza pouco crédula para un corredor novo. A temporada 2001 non foi boa para el en Benetton, con tan só dous puntos, os que logrou no GP en Hockenheim, Alemaña. Tamén tentado estivo de voltar para Williams, pero o equipo xa tiña a praza ocupada por Juan Pablo Montoya. No 2002 cambiou a fortuna con finais en 4º posto nas carreiras 2ª e 3ª do GP da San Marino.

No 2003 ao desaparecer Benetton e quedarse co equipo Renault, Button fichou por BAR, escudería na que está actualmente e na que non lle vai moi ben por problemas nos monoprazas da mesma. Aínad cos reveses acadou o 9º posto, pero coa premisa do equipo de proporcionarlle un coche gañador.

O 2004 foi un ano cheo de complicacións para Button, pero finalmente acadou a tempada terceiro e contribuindo de forma decisiva a que BAR-Honda rematara o Mundial coma subcampeón de construtores. Nese ano podese dicir que apareceu no podio unhas 10 veces (4 como finais de 2º posto e as restantes coma finais no 3º posto).


Podios e títulos anteriores á Fórmula 1

  • 1989 - Primeira vitoria na carreira de kart celebrada no Circuito de Clay Pigeon, Yeovil.
  • - Gañador do Super Prix Británico de Karting.
  • 1990 - Campionato Británico Cadete Karting (2º posto).
  • 1991 - Campionato Británico Cadete Karting (34 podios).
  • - Campionato Aberto Británico Karting.
  • 1992 - Campionato Aberto Británico Karting.
  • - Campionato Británico Junior TKM Karting.
  • 1993 - Campionato Aberto Británico Karting.
  • 1994 - Campionato Británico Junior TKM Karting (quedou en 4º posto).
  • - Campionato Europeo de Karting Intercontinental Junior A.
  • - Campionato Italiano de Karting Intercontinental Junior A.
  • 1995 - Senior no Campionato ICA Senior Italiano.
  • - Campionato Mundial Karting Formula A (2º posto).
  • 1996 - Campionato da Copa do Mundo Karting (5º posto).
  • - Campionato Americano Karting (3º posto).
  • - Campionato Italiano Karting.
  • 1997 - Campionato da Super Copa Europea A de Karting.
  • - Ayrton Senna Memorial Cup, en Suzuka, (Xapón).
  • 1998 - Campionato Británico da F3 da Ford co equipo Haywood Racing (9 podios).
  • - Campionato Europeo da F3 da Ford co equipo Haywood Racing (2 posto).
  • - Festival F3 da Ford en Brands Hatch (vitoria).
  • - Premio McLaren Autosport BRDC o Piloto Xoven do Ano.
  • 1999 - Campionato Británico da F3 co equipo Promatecme (3º posto).
  • - Premio Avon Rookie de F3 o Novato do Ano no GP de F3 de Macao.
  • - GP de F3 de Corea (3º posto).

Resultados completos en F1

As carreiras en negriña indican pole position, as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Equipo Posto final Puntos
2000 Williams-BMW AUS
Ret
BRA
6
SMR
Ret
GBR
5
ESP
17
EUR
10
MON
Ret
CAN
11
FRA
8
AUT
5
ALE
4
HUN
9
BEL
5
ITA
Ret
USA
Ret
XPN
5
MYS
Ret
Williams-BMW 12
2001 Benetton-Renault AUS
Ret
MYS
11
BRA
10
SMR
12
ESP
15
AUT
Ret
MON
7
CAN
Ret
EUR
13
FRA
16
GBR
15
ALE
5
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
USA
9
XPN
7
Benetton-Renault 17º 2
2002 Renault AUS
Ret
MYS
4
BRA
4
SMR
5
ESP
12
AUT
7
MON
Ret
CAN
15
EUR
5
GBR
12
FRA
6
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
5
USA
8
XPN
6
Renault 14
2003 BAR-Honda AUS
10
MYS
7
BRA
Ret
SMR
8
ESP
9
AUT
4
MON
DNP
CAN
Ret
EUR
7
FRA
Ret
GBR
8
ALE
8
HUN
10
ITA
Ret
USA
Ret
XPN
6
BAR-Honda 17
2004 BAR-Honda AUS
6
MYS
3
BAH
3
SMR
2
ESP
8
MON
2
EUR
3
CAN
3
USA
Ret
FRA
5
GBR
4
ALE
2
HUN
5
BEL
Ret
ITA
3
CHN
2
XPN
3
BRA
Ret
BAR-Honda 85
2005 BAR-Honda AUS
11
MYS
Ret
BAH
Ret
SMR
DSC
ESP
EX
MON
EX
EUR
10
CAN
Ret
USA
Ret
FRA
4
GBR
5
ALE
3
HUN
5
TUR
5
ITA
8
BEL
3
BRA
7
XPN
5
CHN
8
BAR-Honda 37
2006 Honda BAH
4
MYS
3
AUS
10
SMR
7
EUR
Ret
ESP
6
MON
11
GBR
Ret
CAN
9
USA
Ret
FRA
Ret
ALE
4
HUN
1
TUR
4
ITA
5
CHN
4
XPN
4
BRA
3
Honda 56
2007 Honda AUS
15
MYS
12
BAH
Ret
ESP
12
MON
11
CAN
Ret
USA
12
FRA
8
GBR
10
EUR
Ret
HUN
Ret
TUR
13
ITA
8
BEL
Ret
XPN
11
CHN
5
BRA
Ret
Honda 15º 6
2008 Honda AUS
Ret
MYS
10
BAH
Ret
ESP
6
TUR
11
MON
11
CAN
11
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
17
HUN
12
EUR
13
BEL
15
ITA
15
SIN
9
XPN
14
CHN
16
BRA
13
Honda 18º 3
2009 Brawn GP AUS
1
MYS
1
CHN
3
BAH
1
ESP
1
MON
1
TUR
1
GBR
6
ALE
5
HUN
7
EUR
7
BEL
Ret
ITA
2
SIN
5
XPN
8
BRA
5
ABU
3
Brawn GP 95
2010 McLaren Mercedes BAH
7
AUS
1
MYS
8
CHN
1
ESP
5
MON
Ret
TUR
2
CAN
2
EUR
3
GBR
4
ALE
5
HUN
8
BEL
Ret
ITA
2
SIN
4
XPN
4
COR
12
BRA
5
ABU
3
McLaren 214
2011 McLaren Mercedes AUS
6
MYS
2
CHN
4
TUR
6
ESP
MON
CAN
EUR
GBR
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
COR
IND
ABU
BRA
McLaren 46