Concilio de Basilea-Ferrara-Florencia-Roma
O décimo sétimo concilio ecuménico da Igrexa católica comezou en Basilea o . Trasladado por Uxío IV a Ferrara en 1437 após a Florencia en 1439, terminose en Roma en 1441.
Basilea
O concilio de Constanza (1414-1418) resolveu a crise do Gran Cisma de Occidente. O seu decreto Frequens do institución permanente da Igrexa, polo que se debía reunir periodicamente e tiña a función de controlar o papado[1]. O concilio de Pavía-Siena, aberto en 1423, revelouse infrutuoso e disolveuse axiña a primeiros do ano seguinte. O asunto da reforma volveuse enviar ao concilio xeral que se debía realizar sete anos despois, e para o cal o papa Martiño V designou a cidade de Basilea[2].
A apertura do concilio de Basilea preveuse para o ; Martiño V morrera pouco antes, Gabriele Condulmer foi elixido papa ese mesmo día e adoptou o nome de Uxío IV. Giuliano Cesarini, cardeal de Sant'Angelo e legado en Alemaña tivo que presidir o concilio, mais ningún prelado arribara aínda a Basilea e o concilio abriuno Xoán de Palomar, capelán do papa, e Xoán de Ragusa, procurador xeral dos dominicanos, delegados polo cardeal Cesarini o 23 de xullo[3].
Primeiro conflito co papa
O 14 de decembro o concilio declarouse superior ao papa e confirmou o decreto Frequens emitido en Constanza[4]. O 18 de decembro, Uxío IV, so pretexto dunha escasa participación, disolveu o concilio de Basilea e transferíuno a Boloña, mais co apoio do emperador Sexismundo I, as sesións continuaron[3].
O , os padres conciliares esixiron ao papa que revocase a bula de disolución, so ameaza de proceder «segundo o dereito divino e humano, polo ben da Igrexa». O concilio abriu un proceso contra o papa o 6 de setembro seguinte[5]. O 13 de xullo de 1433 o concilio retirou ao papa o dereito de conferir es altas dignidades eclesiásticas e deulle sesenta días para retractarse[6]. O 29 de xullo, o papa declarou nulo e improcedente canto decidese o concilio en contra del[7].
O , Uxío IV debeu recoñecer a nulidade da súa decisión e a lexitimidade do concilio mediante a bula Dudum Sacrum[8]. O o concilio reafirmou solemnemente a súa superioridade respecto do papa[9].
Os Compacta: acordo cos husitas moderados
En Bohemia, a nova cruzada contra os husitas convocada polo papa Martiño V estalou en agosto de 1431[10]. O concilio de Basilea mostrouse pronto a negociar o 15 de outubro, o que deu á curia romana un motivo de oposición contra o concilio, que volvera a revisar a condena dos husitas en Constanza.
O a delegación husita chegou a Basilea e o 16 introduciu a discusión sobre a Declaración dos Catro Artigos. As negociacións non deron resultado e decidiuse proseguilas en Praga. Os utraquistas e os máis moderados dos taboritas reformularon os Catro Artigos que os limitaran só á comuñón das dúas especies. O 30 de novembro, unha delegación do concilio asinou en Praga uns Compacta (acordos) negociados coa delegación husita (predicación libre, utraquismo, corrección pública dos pecados, aceptación das secularizacións xa efectuadas)[8]. Os husitas moderados ratificaron os Compacta na dieta de Praga o 2 de xaneiro de 1434. Os máis extremistas, os taboritas, rexeitaron os acordos, mais foron batidos por un exército de baróns e de praguenses (moderados) o 6 de maio e finalmente foron esmagados na batalla de Lipany o 30 de maio. O seu líder, Procopio Holy, morreu nela. O concilio non recoñeceu os Compacta ata 1435[11], mentres que o papa refusou ratificalos.
O cisma e a crise conciliar
As catorce primeiras sesións do concilio de Basilea desenvolvéronse do 15 de febreiro de 1432 ao 14 de novembro de 1433. A partir da sesión dezaseis (), após a reconciliación co papa, o concilio deveu verdadeiramente canónico. Mais a partir da sesión trinta e sete, do o concilio deveu cismático.
O , o papa Uxío IV, argüíndo a necesidade de ter un concilio de unión cos ortodoxos, transferiu o concilio de Basilea a Ferrara. Só quedaron en Basilea os extremistas, que suspenderon Uxío IV e designaron como novo papa o conde de Savoia, Amadeo VIII[8]. Foi entronizado o na catedral de Lausana co nome de Fiz V[12]. Os padres conciliares de Basilea separáronse na sesión 45, o , prevendo a celebración dun novo concilio xeral en Lión tres anos despois[3].
O núcleo duro dos prelados cismáticos quedou en Basilea. O antipapa non recrutou máis que uns poucos adherentes ademais dos seus propios estados hereditarios (os de Savoia), dos de Afonso V de Aragón, da Confederación Suíza e de certas universidades. Alemaña ficou neutral, Carlos VII de Francia limitouse a asegurar para o seu reino un gran número de reformas decretadas en Basilea pola Pragmática Sanción de Bourges do . Inglaterra e Italia ficaron fieis a Uxío IV. En 1447, o emperador Federico III, após negociacións con Uxío, ordenou ao burgomestre de Basilea non librar salvocondutos para os padres conciliares na cidade imperial. Asinou coa Santa Sé o concordato xermánico o , na dieta de Aschaffembourg. A Convención restituíu ao papa todos os dereitos que lle retirara o concilio de Basilea e provocou a indignación dos clérigos alemáns que se creron privados das súas liberdades tradicionais[13].
O , os padres conciliares deixaron Basilea rumbo a Lausana. O antipapa, ante a insistencia de Francia, acabou por abdicar o . Na súa segunda sesión, o 16 de abril, o concilio de Lausana levantou todas as sentenzas pronunciadas polo concilio de Basilea contra os que sostiveron Uxío IV. Como el morreu o , os padres conciliares recoñeceron o seu sucesor Nicolao V a cambio de que ratificase todos os decretos de Basilea e de Lausana (bula do . O concilio de Lausana reuníuse por derradeira vez o 25 de abril[14].
Ferrara-Florencia
O abriuse o concilio de Ferrara, oposto ao de Basilea[15]. Declarou nulas todas as decisións tomadas polo Concilio de Basilea. Este supendera o papa e tomara nas súas mans o goberno da Igrexa o 24 de xaneiro. Uxío IV excomungou os padres do Concilio de Basilea o 15 de febreiro. Estes replicaron o e declararon herético Uxío IV e depuxérono[16].
A Unión das Igrexas
Unha das razóns do traslado a Ferrara foi unha petición dos orientais: A Igrexa oriental, que buscaba apoio para afrontar a ameaza turca, aceptou participar nun concilio ecuménico -non participara nas sesións do Concilio de Basilea- sempre que se situase á beira do Mar Adriático, a fin de que, en caso de ataque turco, os orientais puidesen rapidamente regresar ao seu país. Nicolao de Cusa foi enviado nunha misión para Constantinopla a fin de convencer os gregos a participar do Concilio.
O 27 de novembro de 1437 a delegación grega enviada ao Concilio de Ferrara e conducida polo basileos (emperador) Xoán VIII Paleólogo partiu de Constantinopla para Venecia. O emperador foi acompañado por vinte e un metropolitas e bispos, o patriarca de Constantinopla Xosé II, un conxunto de archimandritas e ata preto de sete centos membros do clero. Marcos, metropolita de Éfeso, Isidoro, metropolita de Kiev, Basilio Besarión, metropolita de Nicea e Andrés, arcebispo de Rodas, son as personalidades máis coñecidas.
Chegaron a Venecia en febreiro e a Ferrara en marzo. Besarión foi designado, xunto co metroplita de Efeso Marcos Eugenikós, para defender a posición da Igrexa grega. Pronunciou o discurso o 8 de outobro de 1438. Se, ao principio, persistiu en condenar que a Igrexa latina engadira o Filioque no credo niceno, a súa posición evolucionou ante os argumentos do dominicano Xoán de Montenero, e finalmente suplicou pola reconciliación das Igrexas perante a delegación grega en abril de 1439[17]. O metropolita Marcos de Éfeso, pola súa banda, desaprobou a reconciliación católica-ortodoxa. Malia as presións do basileos Xoán Paleologo, foi o único bispo que non asinou o texto (Laetentur coeli) do Concilio[18].
Na sesión dezaseis, o 10 de xaneiro de 1439, o papa propuxo aos gregos trasladar o Concilio a Florencia, pois en Ferrara declárarase a peste. O Concilio recomezou en Florencia día 16[3].
O patriarca Xosé II, que tiña preto de oitenta anos e estaba doente, morreu o . A súa desaparición causa unha grande axitación entre os participantes do Concilio, pois era un « fervente partidario da unión entre as Igrexas ».
O , a bula Laetentur coeli, foi asinada por latinos e bizantinos[19]. O texto grego tivo trita e tres asinantes[20] entre eles o emperador Xoán VIII Paleólogo, o futuro patriarca de Constantinopla, Xurxo Escolario, Basilio Besarión, Isidoro de Kiev. Con todo, exercéronse presións sobre a delegación grega e o bispo Antonio de Heracléa declararía após o concilio que «fixe mal asinando a unión», mais que fora forzado[21].
O , Besarión, metropolita de Nicea, liu a versión grega do decreto de Unión das Igrexas en Santa Maria del Fiore. A versión latina líuna o cardeal Giuliano Cesarini[17]. Porén, a maioría dos eclesiásticos gregos, situados nun lado do altar durante a solemne misa celebrada perante todo o Concilio, refusaron comungar[22].
A delegación grega embarcouse en Venecia o . O metropolita de Kiev, Isidoro, adheríu á unión das Igrexas en nome da Igrexa rusa. De volta en Moscova en 1441 fracasou en impór a Unión. O príncipe Basilio II fíxono encerrar nun mosteiro e liberou a Igrexa rusa da tutela dos bizantinos[23]. Pola súa banda, Xoán VIII Paleólogo e Besarión, ante a oposición popular mobilizada por Marcos de Éfeso, fracasou en impór a unión en Constantinopla. A masa do pobo bizantino estivo en contra da Unión das Igrexas e a súa proclamación en Constantinopla debeuse adiar ata o .
Os emisarios de Gregorio IX Musabēkeanc, catholicós da Igrexa apostólica armenia cuxa sé estaba en Sis (actual Kozán) en Cilicia aceptaron igualmente a reunficación coa Igrexa romana polo decreto «Exsultate Deo» do 22 de novembro de 1439.
O asinouse o decreto Cantate Domino de reunificacion entre Roma e a Igrexa xacobita de Alexandría e de Xerusalén[24].
O , o Concilio trasládase de Florencia a Roma. Realizanse dúas sesións durante as cales publícanse decretos sobre a reunificación dos xacobitas de Siria (Decreto Multa et admirabilia do 30 septembro de 1444), dos caldeos e dos maronitas (Decreto Benedictus do 7 de agosto de 1445)[24].
De 1439 a 1441, os relixiosos etíopes de Xerusalén participaron do Concilio de Florencia[25].
Notas e referencias
- ↑ Les tribulations de l'ecclésiologie à la fin du Moyen Age, par Stefan Swieżawski Éditions Beauchesne, 1997 (ISBN 2701013518 et 9782701013510).
- ↑ Histoire de l'Église, par François Joseph Xavier Receveur.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Dictionnaire universel et complet des conciles tant généraux que .
- ↑ Traicté de la différence des schismes et des conciles de l'Église, par Jean Lemaire de Belges, Jennifer Britnell Edit. Librairie Droz, 1997 (ISBN 2600002308 et 9782600002301)
- ↑ Cours d'histoire des états européens, par Frédéric Schoell, Franz Xaver Zach Edit. Duncker et Humblot, 1830.
- ↑ Dictionnaire géographique de la Bible, par Augustin Calmet, 1847.
- ↑ Histoire Universelle de l'Église Catholique, par René François Rohrbacher Edit. Gaume frères, 1858.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Histoire de l'empire d'Autriche, par Karl Heinrich Joseph Coeckelberghe-Duetzele Edit. C. Gerold, 1845.
- ↑ Vraie histoire des conciles, par Jean Louis Schonberg Edit. La Baconnière, 1962.
- ↑ Histoire de la guerre des Hussites et du Concile de Basle, par Jacques Lenfant Edit. Pierre Humbert, 1731.
- ↑ Le concile de Basle par Jonathan Beck, 1979.
- ↑ Nouvelle encyclopédie théologique Edit. J.P. Migne, 1854.
- ↑ L'Europe au Moyen Age, par Henry Hallam.
- ↑ Annales historiques du comté de Neuchatel et Valangin depuis Jules-César..., par Jonas Boyve, Gonzalve Petitpierre Edit. E. Mathey, 1855.
- ↑ Histoire des Français, par Jean-Charles-Léonard Simonde Sismondi Edit. Dumont, 1837.
- ↑ Histoire de la lutte des papes et des empereurs de la maison de Souabe, par Claude Joseph de Cherrier Edit. Furne, 1858.
- ↑ 17,0 17,1 Centuriae Latinae, par Colette Nativel, Jacques Chomarat Librairie Droz, 1997 (ISBN 2600002227 et 9782600002226).
- ↑ O historiador da Igrexa Macario (Bulgákov) engadíralle varios outros bispos: "Xosé, patriarca de Constantinopla, que non viviu ata a fin dos acontecementos, o célebre Marcos, metropolita de Éfeso (...), o locum tenens da sé de Xerusalén, Dionisio, bispo de Sardes, morto cando o concilio estaba reunido en Ferrara, o metropolita de Xeorxia, Gregorio, e o bispo de Stavropolis, que fuxira do concilio, Sofronio de Anquíalo, e outros dos bispos Isaac e Sofronio, e o noso bispo Abraham de Súzdal" (Введение в православное богословие ("Introduction à la théologie russe"), Saint-Pétersbourg, 1913, p. 397), mais Abraham de Súzdal sí asinou (Evgueni Golubinski, Histoire de l'Église russe, t.2 (1), p. 443) antes de retractarse ulterioremente, e os outros fuxiron ou morreran no momento do asinamento, observa Serguéi Bulgákov, Sous les remparts de Chersonèse (1918, publicación póstuma), Troudy po sotsiologii i teologii, t.2, Moscova, Nauka, 1997, traducido ao francés por Bernard Marchadier, Xénova, Ad Solem, 1999, p. 180.
- ↑ Antoine Arjakovsky, Qu'est-ce que l'orthodoxie ?, Folio essais, 2013, p. 466.
- ↑ Charles-Josepf Héfélé, Histoire des conciles, tome XI, Librairie Adrien Le Clere, 1876, p. 473.
- ↑ Marios Benisis, St. Mark of Ephesus : His significant presence in the Council of Florence and the new perspectives in the interreligious dialogues, Aristotle University of Thessaloniki, Greece, Oxford Patristic Conference 2007, p. 9.
- ↑ Voir l'article ci-après.
- ↑ La Russie et le Saint-Siège. Études diplomatiques, de Paul Pierling.
- ↑ 24,0 24,1 Histoire universelle de l'Eglise Catholique, par René-François Rohrbacher, Auguste-Henri Dufour Edit. Gaume Frères, 1861.
- ↑ Éthiopie, par Luigi Cantamessa, Marc Aubert.