Saltar ao contido

Venecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVenecia
Venezia (it)
Venesia (vec) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

AlcumeBride of the Sea Editar o valor en Wikidata
EpónimoVénetos, Galia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°26′23″N 12°19′55″L / 45.4397, 12.3319
PaísItalia
RexiónVéneto
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Venecia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación250.369 (2023) Editar o valor en Wikidata (601,99 hab./km²)
Lingua usadaVenice city dialect (en) Traducir
Q3706579 Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie415,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLagoa de Venecia e mar Adriático Editar o valor en Wikidata
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación25 de marzo de 421 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Santo padrónMarcos o Evanxelista Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLuigi Brugnaro (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoVenice City Council (en) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 36) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal30121–30176 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico041 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2IT-VE Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT027042 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoL736 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcomune.venezia.it Editar o valor en Wikidata
Facebook: ComunediVenezia Twitter: comunevenezia Instagram: comunevenezia Youtube: UCHQPCBBahWU0G1SvQgjomHw Editar o valor en Wikidata

Venecia[1][2] (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da Península Itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.

O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión nos tempos de Roma.[3] Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan a Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.

A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia ao longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.

A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e final do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén tivo un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.

Véxase tamén: República de Venecia.

Aínda que non haxa ningún rexistro histórico que lide directamente coas orixes de Venecia, os elementos dispoñíbeis fixeron que varios historiadores concordasen coa teoría de que a poboación orixinal de Venecia era formada por refuxiados de cidades romanas como Padua, Aquileia, Altino e Concordia (moderna Portogruaro), que fuxían das sucesivas invasións xermánicas e hunas á Península Itálica no século V. Máis tarde, algunhas fontes históricas romanas revelaron a existencia de pescadores nas illas da lagoa de Venecia. Foron referidos como incola lacunae (habitantes da lagoa).

Comezando en 166-168, os cuados e os marcomanos destruíron a actual Oderzo (vila preto de Venecia). As defensas romanas foron derrubadas no inicio do século V polos visigodos e, preto de cincuenta anos despois, polos hunos liderados por Atila. De máis longa duración foi a invasión dos longobardos en 568. Ao leste, o Imperio Bizantino estaba estabelecendo dominios na rexión do actual Véneto e as principais entidades administrativas e relixiosas do imperio na Península Itálica foron trasladadas para este. Foron construídos novos portos, incluíndo Malamocco e Torcello na lagoa de Venecia.

O dominio bizantino na Italia Central e Setentrional foi eliminado posteriormente en gran medida pola conquista do Exarcado de Rávena en 715 por Aistolfo. Durante este período, a sede local do goberno bizantino (a residencia do "duque/doux", despois chamado doge), foi situada en Malamocco. En 775-776, foi creada a sede do bispado de Olivolo (Helipolis). Durante o reinado do doge Agnello Participazio (811-827), a sede ducal foi movida de Malomocco para a illa protexida de Rialto (de "rivoalto", isto é, costa alta).

A República de Venecia en 1796.

O doge era o primeiro maxistrado da República de Venecia. Os seus atributos simbólicos eran aínda reminiscencias do Imperio Bizantino. O poder dos doges foi sempre limitado polos venecianos, a través, por exemplo, do promissio ducalis, unha carta de principios e promesas que debían xurar na data de entrada en funcións. O texto foi fixado en 1172, cando foi elixido Enrico Dandolo, e foi obxecto de modificacións en 1192 e 1229.

A partir dese último ano, a elección do doge ficou sometida ao exame do Consello dos Cinco Correctores. A partir de 1501, a promissio foi lida todos os anos ao doge en funcións. En 1646, a dogeza (a muller do doge) foi interdita á coroación. Durante o século XVII, os membros da familia do doge estaban interditos na maxistratura e embaixadas venecianas. O primeiro título de doge en Venecia foi dado no século IX como dux Veneciarum ("xefe dos Venezianos"), título que se mantivo durante toda a existencia do cargo.

Do século IX ao século XII, os doges xuntaron o título aos de dux Croatorum ("xefe dos croatas"), dux Dalmatinorum (xefes dos dálmatas), totius Istriæ dominator ("soberano de toda Istria"), dominator Marchiæ ("soberano das Marcas"), traducindo así o dominio veneciano no mar Adriático. En 1095, o epitafio do doge Vitale Faliero de Doni proclamábao mesmo rex et corrector legum ("rei e promulgador das leis"). Enrico Dandolo, no final do século XII, titulábase dominator quarte et dimidie partides totius Imperii Romanie ("soberano dun cuarto e medio de todo o Imperio Romano"). O título prolongouse até 1356 e foi abandonado por Giovanni Delfino.

Expansión

[editar | editar a fonte]
Praza de San Marcos, en Venecia, co Campanario de San Marcos en segundo plano.

A influencia política de Venecia fixo marca na historia de Europa,[4] sobre todo cando a partir da Alta Idade Media se expandiu grazas ao control do comercio con Oriente e aos beneficios que de aí viñan. Esa expansión deuse sobre todo na zona do mar Adriático e do mar Exeo. O apoxeo de Venecia acadou o cumio na primeira metade do século XV, cando os venecianos comezaron a expandirse por Italia oriental, como resposta ao ameazador adianto de Gian Galeazzo Visconti, duque de Milán.

Venecia soubo aproveitar todas as mudanzas que ocorreron no mundo occidental:

  • Aliouse cos francos contra os longobardos.
  • Aliouse co Imperio Bizantino contra os normandos.
  • Foi benevolente e tolerante co islam, de tal modo que ao estar o Imperio Bizantino en guerra cos árabes este non podía comerciar sen grandes riscos, e foi nesa ocasión que os navíos venecianos partiron para Alexandría, Beirut e Jaffa, monopolizando aquel comercio.

Decadencia

[editar | editar a fonte]

A caída de Constantinopla en 1453 marcou o principio da decadencia. O descubrimento do camiño marítimo cara a India de Vasco da Gama (1498) e o descubrimento de América por Cristovo Colón (1492) desprazaron as rutas de comercio e Venecia viuse obrigada a sustentar unha loita esgotadora contra os turcos otománs. En 1797, foi invadida polas tropas de Napoleón Bonaparte. Coa sinatura do tratado de Campo Formio, dividiuse o seu territorio entre Francia e o Imperio Habsburgo.

Venecia está rodeada de lagoas de pouca profundidade, e iso valeulle sempre como excelente defensa. Nas súas augas encallaban facilmente os navíos que non coñecían os fondos. Era tamén unha cidade atrincheirada protexida por grandes murallas. As "murallas" de Venecia son os perigosos bancos de area que fican case a descuberto na baixamar. Para chegar a Venecia dende o mar Adriático é preciso coñecer as pasaxes, que nos tempos de paz eran sinaladas con fileiras de estacas con luces á noite.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Sestieri de Venecia:
    Cannaregio
    Castello
    Dorsoduro
    San Marco
    San Polo
    Santa Croce

Venecia atópase dividida "sestiere". Estes son Cannaregio, San Polo, Dorsoduro (inlcuíndo Giudecca e a Isola Sacca Fisola), Santa Croce, San Marco (incluíndo San Giorgio Maggiore) e Castello (incluíndo San Pietro di Castello e Sant'Elena). Cada sestiere está administrado por un apoderado xunto co seu persoal.

Estes distritos están integrados por parroquias. Inicialmente eran setenta en 1033, mais foron reducidas baixo o mandato de Napoleón até só trinta e oito. Estas parroquias son anteriores aos sestieri, que se crearon ao redor de 1170. Outras illas da Lagoa de Venecia non forman parte de ningún dos sestieri, posuíndo historicamente un grao considerable de autonomía.

Cada sestiere ten o seu propio sistema de numeración das vivendas. Cada casa ten un número único no distrito, dun a varios miles, en xeral numerados dunha esquina da área a outra, mais xeralmente non dunha forma facilmente comprensible.

Na parte dianteira das góndolas que traballan na cidade, hai unha gran peza de metal que pretende ser unha imaxe do chapeu dos Doge. Este posúe seis estallas apuntando para adiante e unha para atrás. Cada un destes representa un dos Sestieri (o que apunta para atrás representa a Giudecca).

Afundimento de Venecia

[editar | editar a fonte]
Acqua Alta en Venecia.
Venecia e arredores.

Os edificios de Venecia están construídos con piares pouco espazados de madeira, os cales foron importados desde o continente. Baixo a auga, coa falta de osíxeno, a madeira non se descompón, é petrificada como resultado do fluxo constante de auga rica en minerais ao redor dela, de modo que se converte nunha estrutura similar á pedra. As pilas penetran nunha capa abrandada de area e barro até chegar a unha capa máis dura de arxilas comprimidas. A madeira para as pilas foi cortada na parte máis occidental da actual Eslovenia, nunha rexión hoxe chamada Carso, e en dúas rexións de Croacia, Lika e Gorski kotar. A maioría destas pilas segue intacta despois de séculos de inmersión. Por riba dos cimentos sobre as pilas, hai construcións de ladrillo ou pedra. Os edificios son a miúdo ameazados polas inundacións causadas pola marea, provocadas polo Adriático entre as estacións do outono e a primavera.

Hai seiscentos anos, os venecianos protexíanse das inundacións en terra, desviando todos os grandes ríos que desembocan na lagoa, prevendo así sedimentos obturando a zona ao redor da cidade. Isto creou un contorno de lagoa cada vez máis profundo.

Durante o século XX, cando moitos pozos artesianos foron perforados na periferia da lagoa para extraer auga para a industria local, Venecia comezou a afundirse. Tempo despois confirmouse que a extracción da auga destes acuíferos estaba a ser a causa, polo que na década de 1960 estes pozos foron prohibidos, desacelerando o proceso. Con todo, a cidade está sendo ameazada por frecuentes inundacións de baixo nivel (chamadas Acqua Alta, "auga alta") que se elevan a unha altura de varios centímetros sobre os peiraos. Estas inundacións sucédense periodicamente segundo certas mareas. En moitas casas vellas as antigas escaleiras utilizadas para descargar mercadorías están anegadas, o que fai a antiga planta baixa inhabitable.

Panorama da Canle de Giudecca e a Basílica de San Marcos.

Algúns estudos recentes suxiren que a cidade xa non se vai afundir máis, pero non se sabe con absoluta certeza, polo que o estado de alerta non foi aínda revogado. En maio de 2003, o primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi inaugurou o "proxecto MOSE" (Modulo Sperimentale Elettromeccanico), un modelo experimental para avaliar o rendemento dunhas barreiras inchables. A idea é estabelecer unha serie de 79 pontellas enchibles a través do leito do mar nas tres entradas da lagoa. Cando a marea estea previsto que suba por riba de 110 centímetros, as pontellas encheríanse de aire e bloquearían a entrada de auga dende o Mar Adriático. Esta obra de enxeñaría espérase que estea rematada ao longo do ano 2011.

En 1604, para sufragar o custo de mitigar as inundacións, Venecia introduciu o que podería considerarse o primeiro exemplo do que se converteu posteriormente no "imposto de timbre". Con todo, como os ingresos non acadaron as expectativas, en 1608 introduciuse papel co sobrescrito "AQ" e instrucións impresas para utilizarse para "cartas a funcionarios". Inicialmente, este ía ser un imposto temporal, porén mantívose en vigor até a caída da República en 1797. Pouco despois da introdución do imposto, Castela produciría papel similar para fins fiscais máis xerais e a práctica estendeuse a outras rexións.

O clima de Venecia, como case todo o val do río Po, tende a un réxime continental, con invernos fríos e veráns moi quentes. De acordo coa clasificación climática de Köppenn, Venecia posúe un clima Húmido subtropical (Cfa). A temperatura media diaria en xaneiro é de 2,5 °C, sendo para xullo de 22,7 °C. As precipitacións repártense relativamente ao longo de todo o ano, con medias de 801 milímetros.

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Máximas medias (°C) 5,8 8,2 12,0 16,3 21,2 24,8 27,5 27,0 23,6 18,1 11,5 6,7 16,9
Mínimas medias (°C) -0,9 0,7 3,8 7,9 12,3 15,9 17,8 17,3 14,2 9,4 4,2 0,0 8,6
Chuvia mm. 58,1 54,2 57,1 64,3 68,7 76,4 63,1 83,1 66,0 69,0 87,3 53,7 801
Fonte: MeteoAM[Ligazón morta]

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Venecia sufriu sensibles trocos ao longo da historia. Durante a Idade Media e o Renacemento Venecia era un importante centro para os negocios e o comercio, xa que controlaba un vasto imperio marítimo, polo que se converteu nunha das máis prósperas e ricas cidades de Europa, líder en asuntos políticos e económicos. Todo isto cambiou no século XVII, cando o imperio comercial de Venecia foi tomado por outros países, como Portugal, reducíndose a súa importancia naval. No século XVIII pasou a ser un importante exportador agrícola e industrial. O maior complexo industrial dese século foi o Arsenal de Venecia, o cal é utilizado aínda hoxe en día polo exército italiano (aínda que dispón dalgúns espazos para producións teatrais, culturais e de arte). Hoxe, a economía de Venecia baséase principalmente no turismo, a construción naval (principalmente nas cidades veciñas de Mestre e Porto Marghera), os servizos e as exportacións comerciais e industriais. A produción do Cristal de Murano en Murano e a de encaixe en Burano son tamén moi importantes para a economía.

Venecia é un dos destinos turísticos máis importantes do mundo. A cidade recibe unha media de 50.000 turistas ao día (estimación de 2007). En 2006 foi a vixésimo oitava cidade do mundo máis visitada, recibindo a 2.927.000 visitantes internacionais ao longo do ano.

O turismo é un sector importante da industria de Venecia xa dende o século XVIII. No século XIV converteuse nun centro de moda para ricos e famosos, que a miúdo se achegaban a cear a establecementos de luxo como o Hotel Danieli ou o Caffè Florian. Continuou sendo unha cidade de moda durante o século XX. Na década de 1980, o Entroido de Venecia foi restablecido e a cidade converteuse nun importante centro de conferencias e festivais internacionais, como a Bienal de Venecia ou o Festival de Cinema.

Hoxe en día a cidade posúe numerosas atraccións turísticas, como a Basílica de San Marcos, as canles e a Praza de San Marcos, entre outros. O Lido di Venezia é tamén un destino popular de luxo internacional, que atrae principalmente xente da industria cinematográfica como actores, críticos e outras celebridades.

Con todo, a condición de Venecia coma importante destino turístico ten causado diversos problemas, como as conxestións de xente nalgunhas datas do ano. A cidade é considerada ás veces como unha trampa para turistas, ou mesmo coma un "museo vivente". Ao contrario da maioría doutros lugares de Europa Occidental, Venecia chegou a ser amplamente coñecida polo seu elemento de elegante decadencia. Ademais, a competencia polos estranxeiros para comprar casas na cidade fixo que os prezos subisen moito, e que numerosos habitantes se visen obrigados a trasladarse a zonas máis accesibles de Venecia e Italia, especialmente Mestre.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para veneciano.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419. 
  3. "Online Etymology Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2015. Consultado o 04 de xaneiro de 2011. 
  4. "Venice at the Centre of International Relations and Politics". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2010. Consultado o 06 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]