Saltar ao contido

Bantustán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de setembro de 2019 ás 13:03 por Xoio (conversa | contribucións) (1ª edición con info. da wiki en castelán.)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Mapa de Suráfrica eda África do Suroeste (actual Namibia), que mostra os bantustáns creados en ambos os dous países.

Bantustán é o termo que designa a cada un dos vinte territorios que operaron como reservas tribais de habitantes negros en Suráfrica e África do Suroeste (actual Namibia), no marco das políticas segregacionistas impostas durante época do apartheid.[1] tanto na República Surafricana como no territorio adxunto da África do Sueoeste, daquela baixo a ocupación e administración surafricana.

Historia

Establecéronse, nos vinte bantustáns, dez reservas desta clase, destinadas a aloxar e concentrar no seu interior poboacións etnicamente homoxéneas.

Desde os inicios, en 1959, da implementación legal do concepto, até o seu desmantelamento final en 1994, algúns bantustanes recibiron independencia nominal (Transkei, Venda, Bofutatsuana e Ciskei, en Suráfrica, e Ovambolandia, Kavangolandia e Caprivi do Leste, en África do Suroeste. Porén, a ningún deles lle foi recoñecida internacionalmente a condición de nación soberana; só foron admitidos nestes terminos pola propia Sudáfrica e, recíprocamente, entre eles mesmos. Outros, como KwaZulu, Lebowa e QwaQwa, permaneceron nunha condición de relativa autonomía administrativa, pero nunca foron declarados independentes.

Etimoloxía

A palabra "bantustán" comezou a utilizarse en 1940. Ten a súa orixe en bantú (que significa "xente" nas linguas bantús) e no sufijo -stan ("terra de", en lingua persa, en forma similar á terminación -land de orixe xermánico).

Este era un termo usado polos críticos dos gobernos do apartheid, en oposición á expresión homelands ("patrias"), que era a promovida polo discurso oficial para designar o mesmo fenómeno.

O termo "bantustán" na actualidade

Na actualidade o termo "bantustán" emprégase a miúdo con intención pexorativa, cando se pretende aludir a un país ou rexión carente de lexitimidade, que emerxe produto dun proceso de gerrymandering. O termo volveu a alcanzar gran difusión, aparecendo sobre todo en forma extrapolada; por exemplo, en discursos críticos ás políticas israelís para cos territorios Palestinos da Franxa de Gaza e de Cisxordania e, particularmente, en relación á "barreira israelí de Cisxordania", chamada polos seus detractores "o muro do apartheid" ou "o muro da vergonza".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas