Bantustán
Bantustán é o termo que designa cada un dos vinte territorios que operaron como reservas tribais de habitantes negros en Suráfrica e África do Suroeste (actual Namibia), no marco das políticas segregacionistas impostas durante época do apartheid[1] tanto na República Surafricana como no territorio adxunto da África do Suroeste, daquela baixo a ocupación e administración surafricana.
Historia
[editar | editar a fonte]Establecéronse, nos vinte bantustáns, dez reservas desta clase, destinadas a aloxar e concentrar no seu interior poboacións etnicamente homoxéneas.
Desde os inicios, en 1959, da implementación legal do concepto, até o seu desmantelamento final en 1994, algúns bantustanes recibiron independencia nominal (Transkei, Venda, Bofutatsuana e Ciskei, en Suráfrica, e Ovambolandia, Kavangolandia e Caprivi do Leste, en África do Suroeste. Porén, a ningún deles lle foi recoñecida internacionalmente a condición de nación soberana; só foron admitidos nestes termos pola propia Suráfrica e, reciprocamente, entre eles mesmos. Outros, como KwaZulu, Lebowa e QwaQwa, permaneceron nunha condición de relativa autonomía administrativa, pero nunca foron declarados independentes.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra "bantustán" comezou a utilizarse en 1940. Ten a súa orixe en bantú (que significa "xente" nas linguas bantús) e no sufixo -stan ("terra de", en lingua persa, en forma similar á terminación -land de orixe xermánico).
Este era un termo usado polos críticos dos gobernos do apartheid, en oposición á expresión homelands ("patrias"), que era a promovida polo discurso oficial para designar o mesmo fenómeno.
O termo "bantustán" na actualidade
[editar | editar a fonte]Na actualidade o termo "bantustán" emprégase a miúdo con intención pexorativa, cando se pretende aludir a un país ou rexión carente de lexitimidade, que emerxe produto dun proceso de gerrymandering. O termo volveu a alcanzar gran difusión, aparecendo sobre todo en forma extrapolada; por exemplo, en discursos críticos ás políticas israelís para cos territorios Palestinos da Franxa de Gaza e de Cisxordania e, particularmente, en relación á "barreira israelí de Cisxordania", chamada polos seus detractores "o muro do apartheid" ou "o muro da vergonza".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bantustán". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 273.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bantustán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boddy-Evans, Alistair (2006): Apartheid Legislation in South Africa Arquivado 06 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. African History en About.com.
- Bosch, Alfred (1993): ¿El fin de los bantustanes?Arquivado 15 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.. Hacia un cambio en África [1]Arquivado 09 de maio de 2015 en Wayback Machine. No 17/1993.
- D' Amato, Anthony, A. (1966): Apartheid in South West Africa: Five Claims of Equality. 1 Portia Law Journal 59.
- D' Amato, Anthony, A. (1966): The Bantustan Proposals for South-West Africa. Journal of Modern African Studies 4, 2.
- Dierks, Klaus Dr. (2005): Chronology of Namibian History. En www.klausdierks.com
- Erwin, James, L. (2003): Footnotes to History.
- Gordon, Raymond G., Jr. (2005): Languages of Namibia. Ethnologue: Languages of the World. Décimo quinta edición. Dallas, Tex.: SIL International. Versión en liña: www.ethnologue.com.
- Hopwood, Graham (2005): Regional Councils and Decentralisation: At the Crossroads. Analyses And Views Edition 2/2005. Namibia Institute for Democracy.
- Halbach, Axel, J. (1976): Die südafrikanischen Bantu-Homelands – Konzept – Struktur – Entwicklungsperspektiven. IFO – Institut für Wirtschaftsforschung München; Afrika-Studien Nº 90. ISBN 3-8039-0129-4.
- Horrell, Muriel (1973): The African Homelands of South Africa. South African Institute of Race Relations. ISBN 0-86982-069-9.
- Kaur, Abnash (1995): South Africa and Bantustans. Delhi: Kalinga Publications. ISBN 81-85163-62-6
- Knight, Richard (1984): Black Dispossession in South Africa: The Myth of Bantustan Independence. Nova York: The Africa Fund.
- Lang, Andrea (1999): Separate Development und das Departement of Bantu. Administration in Südafrika – Geschichte und Analyse der Spezialverwaltung für Schwarze. Arbeiten aus dem Institut für Afrika-Kunde 103. Hamburgo: Verbund Stiftung Deutsches Übersee-Institut.
- Mandela, Nelson (1996): Mandela: An Illustrated Autobiography. Boston: Little, Brown and Company. ISBN 0-316-55038-8
- Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación (España) (2004): República de Sudáfrica Monografías de la Oficina de Información Diplomática (OID) 166/2004.
- Odendaal, La Comisión (1964): Report of the Commission of Inquiry into South West Africa Affairs, 1962-1963. Pretoria.
- Rogers, Barbara (1972): South Africa: The Bantu Homelands. Londres: Christian Action Publications. ISBN 0-901500-21-6.
- Tazón Serrano, Santiago (2008): Apartheid y Estado: Desigualdad ante la ley y fragmentación de población y territorio ISBN 978-84-691-8052-5
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Apartheid después del Apartheid Consecuencias sociales de la segregación racial en la Sudáfrica actual. Por María Alicia Divinzenso (en castelán).
- Rosa Fraile Martín e Teresa Güemes Gutiérrez: Geopolítica en el África australArquivado 19 de marzo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán).
- Secundino González Marrero (1997). Sudáfrica: cambios constitucionales y poder compartido (en castelán).
- Información xeral sobre Namibia Ikuska Libros (en castelán).
- "Bantustan plan for an apartheid Israel" The Guardian, 26/4/2004 (en inglés).
- Sitio do (UNTAG) Grupo de asistencia da ONU durante o proceso de transición á independencia de Namibia (en inglés).
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |