Saltar ao contido

Bosques virxes de Komi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de decembro de 2021 ás 11:22 por Atobar (conversa | contribucións) (Xeografía)

Modelo:Patrimonio Mundial Os bosques virxes de Komi son parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Atópanse na parte norte dos montes Urais, na república rusa dos Komis. Cos seus 32 800 km² é o bosque virxe meirande de Europa.

Xeografía

Os bosques virxes de Komi pertencen á ecorrexión da taiga dos montes Urais. As especies de árbores máis abondosas son a picea siberiana, o abeto siberiano e o lárice siberiano. No tocante aos mamíferos, destacan o reno, a marta, a donicela e a lebre.

A contorna pertencen á reserva natural Pechora-Ilich e ao parque nacional Yugyd Va ruso. O seu status como Patrimonio da Humanidade foi recoñecido en 1995, converténdose na primeira contorna natural en acadar tal distinción neste país.[1] Este recoñecemento trouxo máis fondos do estranxeiro e salvouno da corta a mans da compañía francesa HUET Holding. Porén, a conservación deste sitio está aínda ameazada, con cortas ilegais e a minaría do ouro. Antes da súa protección, a zona norte do parque nacional Yugyd Va explotábase polos seus depósitos de ouro.

Galería

Notas

  1. "Virgin Komi Forests". UNESCO Culture Sector. Consultado o 10 de abril de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas