Bosques virxes de Komi
Bosques virxes de Komi | |
---|---|
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Rusia |
Localización | Montes Urais, República dos Komis |
Tipo | Natural |
Criterios | vii, ix |
Inscrición | 1995 (19ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 719 |
Os bosques virxes de Komi son parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Atópanse na parte norte dos montes Urais, na república rusa dos Komis. Cos seus 32 800 km² é o bosque virxe meirande de Europa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os bosques virxes de Komi pertencen á ecorrexión da taiga dos montes Urais. As especies de árbores máis abondosas son a picea siberiana, o abeto siberiano e o lárice siberiano. No tocante aos mamíferos, destacan o reno, a marta, a donicela e a lebre.
A contorna pertencen á reserva natural Pechora-Ilich e ao parque nacional Yugyd Va ruso. O seu status como Patrimonio da Humanidade foi recoñecido en 1995, converténdose na primeira contorna natural en acadar tal distinción neste país.[1] Este recoñecemento trouxo máis fondos do estranxeiro e salvouno da corta a mans da compañía francesa HUET Holding. Porén, a conservación deste sitio está aínda ameazada, con cortas ilegais e a minaría do ouro. Antes da súa protección, a zona norte do parque nacional Yugyd Va explotábase polos seus depósitos de ouro.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Virgin Komi Forests". UNESCO Culture Sector. Consultado o 10 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bosques virxes de Komi (na páxina de Patrimonio da Humanidade da UNESCO) (en inglés)
- UNEP-WCMC World Heritage - Virgin Komi Forests
- Virgin Komi Forests at Natural Heritage Protection Fund