Chorente, Taragoña, Rianxo
Chorente | |
---|---|
Parroquia | Taragoña |
Concello | Rianxo |
Coordenadas | 42°40′30″N 8°49′18″O / 42.675041666667, -8.8217527777778 |
Poboación | 145 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Chorente é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O cruceiro de Brañas[1] ten plataforma e pedestal cuadrangular, rematado en roda con bocel e con paramentos recadrados. O seu fuste é cuadrangular con paramentos recadrados na base. O capitel cuadrangular co ábaco de lados curvos e vértices chafranados, decorado con follas e con cabeza de anxo con ás. A cruz basta cuadrangular. O seu Cristo crucificado, mans abertas e coroa de espiñas. A Virxe atópase orando sobre nubes con dedos das mans entrelazados.
No verán do ano 2006 o cruceiro quedou desfeito por mor dun accidente de tráfico, mais restaurouse no verán de 2007.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Taragoña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Taragoña no concello de Rianxo (A Coruña) | |
---|---|
A Burata | O Burato | O Campo da Feira | Campos de Pazos | Cartomil | O Castriño | Chorente | Corques | A Coviña | O Cruceiro | A Cruz | Cuvide | Dorna | Fachán | Fonte Susán | A Igrexa | Iñobre | A Laxe | O Monte de Dorna | O Moroso | Ourille | Ourolo | Outeiro | Paradela | Pastoriza | As Pedriñas | A Senra | Té |
Parroquias de Rianxo
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo | |
---|---|
O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- PXOM de Rianxo 2014.
- ↑ Cruceiro das Brañas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.