Saltar ao contido

Leiro, Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leiro
Vista de Leiro dende o monte da Pena
ConcelloRianxo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°39′19″N 8°46′42″O / 42.65527778, -8.77833333
Poboación947 hab. (2019)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]
Igrexa de Santa María de Leiro.
Igrexa de Santa María de Leiro.

Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 953 habitantes (482 mulleres e 471 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado[2].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.
[editar | editar a fonte]
  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro[3].

As festas de Leiro na honra á Virxe do Carme celébranse a segunda fin de semana de outubro.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Leiro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Leiro no concello de Rianxo (A Coruña)

Abuín | Brión | Cabanas | A Igrexa | Meiquiz | Or | Palleiro | A Pedreira | Rañó | Rial

Parroquias de Rianxo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Aspectos dubidosos de carácter gramatical e léxico da lingua galega,p. 32. Realmente, a fonte cita erroneamente a parroquia de Santa Marta de Leiro, por Santa María de Leiro.
  3. Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]