Saltar ao contido

John Lydon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de abril de 2024 ás 10:11 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaJohn Lydon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Joseph Lydon Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Holloway, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJohnny Rotten Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
EducaciónWestminster Kingsway College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, letrista, cantante, actor, presentador de televisión, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPunk rock, post-punk, rock alternativo, alternative dance, noise rock, rock experimental, Dance-punk, new wave e Post-rock Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraTenor lírico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNora Forster (1979–2023), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webjohnlydon.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0527997 Allocine: 3567 Allmovie: p100445 TV.com: people/john-lydon
Facebook: johnlydonofficial Twitter: lydonofficial BNE: XX1566982 Spotify: 3qeZ2Y7fOYRAVJzOJxp1e2 iTunes: 61025308 Last fm: John+Lydon Musicbrainz: 1b389bc0-68d2-4e2e-af22-6be1075b907d Songkick: 270276 Discogs: 40586 Allmusic: mn0000237096 WikiTree: Lydon-420 Genius: John-lydon Editar o valor en Wikidata

John Lydon, máis coñecido como Johnny Rotten , nado en Holloway, Londres, o 31 de xaneiro de 1956, é un músico punk inglés, coñecido principalmente por ser o vocalista do grupo Sex Pistols, pioneiros da primeira onda do punk. Logo da disolución da súa primeiro banda formou Public Image Limited. A súa imaxe provocadora e sarcástica influenciaron a unha nova e rebelde mocidade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

John Lydon naceu en Holloway, Londres, Reino Unido, aínda que tamén se di que naceu no condado de Galway, Irlanda. Durante a súa infancia viviu cos seus pais, católicos procedentes de Irlanda, e cos seus tres irmáns. Con sete anos contraeu meninxite, perdendo a memoria tras un longo coma. Actualmente está casado con Nora Forster, nai de Ari Up, vocalista da banda punk de influencia reggae The Slits.

Sex Pistols

[editar | editar a fonte]

Lydon adoitaba merodear pola tenda de Malcolm McLaren, SEX, polo ano 1975. Cando Malcolm regresou de Nova York, onde representara aos New York Dolls durante unha xira, ideou a formación dun grupo cun estilo similar, pero mesturado coa imaxe de Richard Hell. A banda xa tiña a tres dos seus compoñentes, Steve Jones, Glenn Matlock e Paul Cook, para cando McLaren se fixou en Lydon, que por ese entón chamoulle a atención polo seu pelo tinguido de verde e a súa camiseta de Pink Floyd coas palabras "I hate" ("eu odio") escritas con rotulador encima, para o posto de vocalista.

En 1977 a banda publicou a famosa canción "God Save the Queen" durante as vodas de prata da raíña Isabel II. A canción foi un éxito pero causou tanta polémica que Lydon foi ata agredido fisicamente.

Pasado un tempo, a banda decidiu cambiar á seú baixista Glen Matlock, polo cal Lydon propuxo a un coñecido seu como substituto, John Simon Ritchie-Beverly, que logo sería coñecido como Sid Vicious. Ao principio a inclusión de Vicious foi un grande éxito pero a adicción á heroína do baixista e a súa conflitiva relación con Nancy Spungen provocou rozamentos entre ambos.

En 1978 durante a primeira xira de Sex Pistols polos Estados Unidos, a banda desintegrouse tras un accidentado show en San Francisco. As últimas palabras de John foron "Ever get the feeling you've been cheated?" ("Nunca tiveron a sensación de ser enganados?"). Máis tarde, o autor do fanzine Punk Legs McNeil contaría no seu libro Please Kill Me terse atopado con John en CBGB poucos días logo dese último recital e terlle visto unha camiseta que se vendeu durante o tour na que dicía "Eu sobrevivín ao tour dos Sex Pistols", e debaixo escribiulle en marcador "Pero a banda non".

A súa vida logo de Sex Pistols

[editar | editar a fonte]

Tras a separación dos Pistols, Lydon dedicouse ao grupo Public Image Limited, que formou co ex guitarrista de The Clash Keith Levene. En 1996 os Sex Pistols reuníronse novamente xa sen Sid Vicious, falecido en 1979, para unha xira mundial que logo repetiron en 2002 e 2004.

Comentarios

[editar | editar a fonte]

John Lydon escribiu o seguinte como introdución á súa biografía No Irish, No Blacks, No Dogs:

Much has been written about the Sex Pistols. Much of it has either been sensationalism or journalistic psychobabble. The rest has been mere spite. This book is as close to the truth as one can get ... This means contradictions and insults have not been edited, and neither have the compliments, if any. I have non estafe for lies or fantasy, and neither should you. Enjoy or die...

En galego:

Escribiuse moito acerca dos Sex Pistols. A maior parte foi sensacionalismo ou esquizofrenia xornalística. O resto foron simples ataques. Este libro está o máis preto da verdade que se pode estar... Isto significa que as contradicións e os insultos non se editaron, nin tampouco os cumpridos, se é que houbo algún. Non teño tempo para mentiras ou fantasía, e ti tampouco deberías. Goza ou morre...

Bibliografía

[editar | editar a fonte]