Biblioteca Nacional da Dieta
Aparencia
Biblioteca Nacional da Dieta | |
---|---|
Acrónimo | NDL |
Tipo | biblioteca nacional, library in Japan e edifício de biblioteca |
Data de fundación | 25 de febreiro de 1948 |
Organización matriz | Kokkai |
Localización | |
Sede | Nagatachō |
Enderezo | 1-10-1, Nagatacho, Chiyoda-ku, Tokyo e 東京都千代田区永田町一丁目10番1号 |
En | Nagatachō |
País | Xapón |
35°40′42″N 139°44′39″L / 35.678333333333, 139.74416666667 | |
Na rede | |
https://www.ndl.go.jp/, https://www.ndl.go.jp/en/, https://www.ndl.go.jp/zh/ e https://www.ndl.go.jp/ko/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblioteca Nacional da Dieta (国立国会図書館 Kokuritsu Kokkai Toshokan?) estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e conta con dúas instalacións principais en Toquio e Kyoto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país. Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes. O primeiro encargado desta organización foi o político Tokujirō Kanamori, mentres que o filósofo Masakazu Nakai serviu como segundo ao cargo. En 1949 a biblioteca fusionouse coa Biblioteca Nacional, previamente denominada Biblioteca Imperial, converténdose na única biblioteca nacional do Xapón.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kokuritsu Kokkai Toshokan shōshi" (en xaponés). Kokuritsu Kokkai Toshokan. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Nacional da Dieta |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en xaponés) (en inglés)
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|