Saltar ao contido

Atol Rongrik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de outubro de 2024 ás 14:23 por Breogan2008 (conversa | contribucións) (Historia)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía físicaAtol Rongrik
Imaxe
TipoAtol
división administrativa Editar o valor en Wikidata
Parte deCordal Ralik Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaCordal Ralik Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Marshall Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°20′N 167°27′L / 11.33, 167.45
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Superficie1,68 km² Editar o valor en Wikidata

Rongrik (tamén coñecido como Rongerik, Rongdrik ou Roñdik) é un atol deshabitado de 1´68 km² no océano Pacífico. Está formado por 17 illas rodeando unha lagoa de 144 km². Forma parte da cadea Ralik nas Illas Marshall, atopándose a 200 km ao leste do atol Bikini. Estados Unidos recolocou neste atol aos habitantes do atol Bikini mentres levaba a cabo as probas nucleares. Logo de meses de fame negra e desnutrición foron trasladados a Kwajalein e finalmente a Kili.

Rongrik foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés, aínda que a illa estaba deshabitada. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.