Atol Rongrik
Tipo | Atol división administrativa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Cordal Ralik | ||||
Situado na entidade xeográfica | Cordal Ralik | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Marshall | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 3 m | ||||
Superficie | 1,68 km² | ||||
Rongrik (tamén coñecido como Rongerik, Rongdrik ou Roñdik) é un atol deshabitado de 1´68 km² no océano Pacífico. Está formado por 17 illas rodeando unha lagoa de 144 km². Forma parte da cadea Ralik nas Illas Marshall, atopándose a 200 km ao leste do atol Bikini. Estados Unidos recolocou neste atol aos habitantes do atol Bikini mentres levaba a cabo as probas nucleares. Logo de meses de fame negra e desnutrición foron trasladados a Kwajalein e finalmente a Kili.
Historia
[editar | editar a fonte]Rongrik foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés, aínda que a illa estaba deshabitada. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.