Saltar ao contido

Han Kang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de outubro de 2024 ás 16:08 por Vanicorps (conversa | contribucións) (Ligazóns)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaHan Kang

(2017) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ko) 한강 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Gwangju, Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yonsei Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura coreana e poesía coreana Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Seúl Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, escritora de contos, novelista, poetisa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorInstituto de Artes de Seul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNovela, conto e ensaio Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiHan Seung-won Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webhan-kang.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm8444885 BNE: XX5767432 Editar o valor en Wikidata

Han Kang (hangul: 한강; hanja: 韓江), nada en Gwangju o 27 de novembro de 1970, é unha escritora surcoreana,[1] [2] Premio Nobel de Literatura en 2024[3] "pola súa prosa poética intensa que confronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana".[4]

En 2018 gañou o Premio San Clemente por A vexetariana, dotado con 3.000 €.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Han Kang é filla do novelista surcoreano Han Seung-won.[6] Naceu en Gwangju e aos 10 anos trasladouse a Suyuri (un barrio do distrito de Gangbuk-gu) en Seúl coa súa familia. Estudou literatura coreana na Universidade Yonsei, situada en Seúl.[7] Despois de licenciarse traballou durante tres anos como xornalista nas revistas Publishing Journal e Samtoh, entre outras.

A súa carreira literaria comezou coa publicación de cinco dos seus poemas, entre eles "Winter in Seoul", nunha edición da revista Munhak-gwa-sahoe (Literatura e Sociedade) en 1993. A súa carreira como novelista comezou ao ano seguinte, en 1994, cando gañou o Concurso Literario de Primavera de Seúl Shinmun, co conto "A áncora escarlata". En 1995, publicou o seu primeiro libro de contos titulado Yeosu (여수의 사랑). En 1998, participou durante tres meses no Programa de Escritura Internacional da Universidade de Iowa co apoio do Consello de Artes de Corea.[8]

Deuse a coñecer en todo o mundo tras a publicación da súa novela A vexetariana (채식주의자) en 2007, pola que, tras ser traducida ao inglés, gañou o Man Booker Prize en 2016.[9]

Han Kang ensina escritura creativa na Universidade de Seúl,[7] e escribe contos e novelas, ademais de realizar traballos de artes visuais.[10]

Primeiros grandes éxitos

[editar | editar a fonte]

En A Vexetariana (채식주의자), que publicou en 2007, Han Kang explora o tema da violencia corporal, psicolóxica e sexual a través do tema da conversión ao veganismo do narrador da obra, Yeong-hye, e da presión social exercida contra esta elección os que o rodean. Inspirada noutra historia curta publicada con anterioridade, a novela foi adaptada ao cine en 20096. O autor desenvolve o tema do distanciamento da sociedade, chegando ata episodios próximos á psicose.[11] Tras ser traducida ao inglés, gañou o Man Booker Prize en 2016.[12]

The Wind Blows, Go publicado en 2010 opta pola forma dunha investigación na que o seu narrador Jeong-hee investiga a morte dun dos seus amigos. Nun Seúl invernal, explóranse os temas do illamento e da soidade contemporáneos e urbanos.[13] Han Kang explora temas similares en White (hangeul: 흰) publicado en 2016. Unha narradora pregúntase sobre a súa irmá maior, que morreu dous antes do seu propio nacemento, mentres ela vive illada nunha gran cidade europea.[14] A súa novela Greek Time (Leccións de grego) publicada en 2011 segue explorando o tema da perda[15] e a soidade, mentres que o inicio dun romance entre dous narradores destaca as súas respectivas carencias: un é un profesor de grego antigo que se fai progresivamente cego, e o outro, recentemente divorciado perdeu a custodia do seu fillo, debe enfrontarse a un problema de mudez e espera recuperar o dominio da lingua aprendendo esta lingua.[16]

En 2014, publicou A Boy Is Coming, que toma como pano de fondo o levantamento de Gwangju de 1980 e a súa brutal represión por parte do réxime militar. Descubriu o tema por casualidade aos doce anos nun libro de familia de fotos de corpos mutilados con baionetas, tomadas na súa cidade natal.[17] Continúa a súa exploración da violencia política que marca a historia contemporánea de Corea do Sur publicando en 2021 Don't Say Goodbye que evoca as lembranzas que deixou o levantamento de Jeju de 194812, onde ela mesma pasou catro meses en 1996 e onde coñeceu testemuñas da represión.[18]

Traducidas ao galego

[editar | editar a fonte]

Traducidas ao portugués

[editar | editar a fonte]

Traducidas ao español

[editar | editar a fonte]
  • La vegetariana (2012). Buenos Aires: Editorial Bajo la luna. (trad. de Sunme Yoon)
  • La vegetariana (2017). España: Editorial: RATA_. (trad. de Sunme Yoon; prólogo de Gabi Martínez)
  • Actos humanos (2018). Editorial: RATA_. (trad. de Sunme Yoon)
  • Blanco (2020). España: Editorial: RATA_. (trad. de Sunme Yoon)
  • La clase de griego (2023). Editorial Random House. (trad. de Sunme Yoon).[21]

Traducidas ao catalán

[editar | editar a fonte]

Obra e tradución ao francés

[editar | editar a fonte]
  • 여수의 사랑, Un amour à Yeosu, Yeosu-ui sarang (1995).
  • 검은 사슴, Le Cerf noir, Geomeun saseum (1998).
  • 아기 부처 Bébé bouddha, Agi bucheo (1999).
  • 내 여자의 열매 Le Fruit de ma femme, Nae yeoja-ui yeolma ( 2000).
  • 그대의 찬 손 Ta main froide, Geudae-ui chaga-un son (2002).
  • 내 이름은 태양꽃 Mon nom est Fleur de soleil (2002).
  • 붉은 꽃 이야기 L'Histoire d'une fleur rouge (2003).
  • 가만가만 부르는 노래 Chanson douce (2007).
  • 천둥 꼬마 선녀 번개 꼬마 선녀 Des gamins tonnerres, des fées éclairs, des gamines fées (2007).
  • 채식주의자, 2007, publicada en francés como La Végétarienne, traduit por Jeong Eun-Jin, Jacques Batilliot, éditions Le Serpent à Plumes (2015). ISBN 979-1094680032)
  • 눈물상자 Boîte à larmes (2008).
  • 바람이 분다, 가라 (2010). Publicada en francés como Pars, le vent se lève, traducida por Lee Tae-yeon et Geneviève Roux-Faucard, éditions Decrescenzo (2014), premio da tradución LTI Korea 2015, ISBN 9782367270142.
  • 희랍어 시간 (2011).Publicada en francés como Leçons de grec, traducida por Jeong Eun-Jin, Jacques Batilliot, éditions Le Serpent à Plumes (2017), ISBN 979-10-97390-00-6.
  • 노랑 무늬 영원 Éternel motif jaune (2012).
  • 소년이 온다 (2014). Publicada en francés como Celui qui revient, traducida por Jeong Eun-Jin, Jacques Batilliot, éditions Le Serpent à Plumes (2016), ISBN 979-1094680100.
  • 해질녘에 개들은 어떤기분일까 (1999). Novela publicada en francés como Les Chiens au soleil couchant, in Cocktail Sugar et autres nouvelles de Corée, éd. Zulma, tradución dirixida por Choi Mikyung et Jean-Noël Juttet (2011)
  • Impossibles adieux, « 작별하지 않는다 » (2023). Traducida do coreano por Pierre Bisiou et Kyungran Choi, éditions Grasset.

Obra e tradución ao inglés

[editar | editar a fonte]
Publicación orixinal Publicación en inglés
Ano Título orixinal Tradución inglesa Publica Título traducido Ano Tradutor Publica
1995 여수의 사랑 Love in Yeosu Moonji
1998 검은 사슴 Black Deer Munhakdongne
2000 내 여자의 열매 My Woman's Fruits Changbi
2002 그대의 차가운 손 Your Cold Hands Moonji
내 이름은 태양꽃 My Name is Sun Flower Munhakdongne
2003 붉은 꽃 이야기 The Red Flower Story Yolimwon
사랑과, 사랑을 둘러싼 것들 Love and Things Surrounding Love Yolimwon
2007 가만가만 부르는 노래 A Song to Sing Calmly Bichae
천둥 꼬마 선녀 번개 꼬마 선녀 Thunder Little Fairy, Lightning Little Fairy Munhakdongne
채식주의자 The Vegetarian Changbi The Vegetarian 2015 Deborah Smith Portobello Books (ISBN 9781846275623)
2008 눈물상자 Tear Box Munhakdongne
2010 바람이 분다, 가라 The Wind Blows, Go Moonji
2011 희랍어 시간 Greek Time Munhakdongne Greek Lessons 2023 Deborah Smith and Emily Yae Won Penguin Random House (ISBN 9780593595275)
2012 노랑무늬영원 Yellow Pattern Eternity Moonji
2013 서랍에 저녁을 넣어 두었다 I Put Dinner in the Drawer
2014 소년이 온다 A Boy Is Coming Changbi Human Acts 2016 Deborah Smith Portobello Books (ISBN 9781846275968)
2016 White Nanda The White Book 2017 Deborah Smith Portobello Books (ISBN 9781846276958)
2021 작별하지 않는다 Don't Say Goodbye Munhakdongne We Do Not Part 2025 Emily Yae Won and Paige Aniyah Morris Hamish Hamilton

Obras adaptadas a outros formatos

[editar | editar a fonte]

O bebé Buda e A vexetariana foron adaptados ao cine.

A película Vegetarian,[22] dirixida por Lim Woo-seong en 2010, foi seleccionada entre 1.022 presentacións na selección oficial do Festival de Cine de Sundance. Tamén alcanzou o éxito da crítica no Festival Internacional de Cine de Busan.[23]

Participou no proxecto Library of the Future da artista escocesa facilitando un manuscrito en 2019. Este non foi revelado ata 2114 e impreso coas árbores plantadas ao redor desta biblioteca.[24]

  • Premio de novela coreana (1999) por O pequeno Buda.
  • Premio Artista Novo do Ano (2000).
  • Premio literario Yi Sang (2005) por A mancha mongólica.
  • Premio de Literatura Dong Ri (2009) por Loita de alento.
  • Festival de Cine de Sundance (2010) de The Vegetarian.
  • Festival Internacional de Cine de San Sebastián (2011) A cicatriz (baseado en TO pequeno Buda).
  • Premio Internacional Man Booker (2016) por The Vegetarian.
  • Premio San Clemente (2018) por The Vegetarian.
  • Premio Nobel de Literatura 2024[3]
  1. "Biografia de Han Kang" (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 2011-07-10. Consultado o 14 de abril de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "한강 소설가" (en coreano). Consultado o 14 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Harbour, Berna González (2024-10-10). "Han Kang, Premio Nobel de Literatura 2024". El País (en castelán). Consultado o 2024-10-10. 
  4. Bellver, Elena (2024-10-10). "Quién es Han Kang la escritora surcoreana ganadora del Premio Nobel de literatura 2024". ESdiario (en castelán). Consultado o 2024-10-10. 
  5. "XXIV Premios San Clemente Rosalía-ABANCA". comunicacion.abanca.com. Consultado o 2024-10-10. 
  6. "No romance 'A Vegetariana', mulher se afasta da violência e se aproxima de ser planta". Folha de S.Paulo (en portugués). 2018-11-30. Consultado o 2024-10-10. 
  7. 7,0 7,1 "No romance 'A Vegetariana', mulher se afasta da violência e se aproxima de ser planta" (en portugués). 2018-11-30. Consultado o 2021-01-07. 
  8. "Biography — Han Kang". han-kang.net (en inglés). Consultado o 2024-10-10. 
  9. Diario, Nós (2024-10-10). "A escritora surcoreana Han Kang, Premio Nobel de Literatura 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-10-10. 
  10. "Visual Arts — Han Kang". han-kang.net (en inglés). Consultado o 2024-10-10. 
  11. "South Korean Han Kang wins Nobel Prize in literature 2024 – DW – 10/10/2024". dw.com (en inglés). Consultado o 2024-10-11. 
  12. Diario, Nós (2024-10-10). "A escritora surcoreana Han Kang, Premio Nobel de Literatura 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-10-10. 
  13. "Han Kang" (en francés). 2024-10-11. 
  14. "South Korean Han Kang wins Nobel Prize in literature 2024 – DW – 10/10/2024". dw.com (en inglés). Consultado o 2024-10-11. 
  15. "Han Kang’s new novel, “Greek Lessons”, is a reflection on loss". The Economist. ISSN 0013-0613. Consultado o 2024-10-11. 
  16. "'Greek Lessons' is an intimate, vulnerable portrayal of two lonely people". www.npr.org (en inglés). 
  17. "Han Kang : « Quel que soit le livre que j’écris, la violence ressort »" (en francés). 2023-08-30. Consultado o 2024-10-11. 
  18. AFP (2024-10-10). "Han Kang, la tragédie sous la poésie". Challenges (en francés). Consultado o 2024-10-11. 
  19. "A vexetariana – Rinoceronte Editora". Consultado o 2024-10-10. 
  20. "A vegetariana, Han Kang". Editora Todavia (en portugués). Consultado o 2024-10-10. 
  21. Harbour, Berna González (2023-09-22). "Han Kang, vuelve la autora estrella de la literatura surcoreana: “Dejé de escribir durante un año y olvidé cómo hacerlo”". El País (en castelán). Consultado o 2024-10-10. 
  22. "Vegetarian (2010)". Korean Film Biz Zone (en inglés). Consultado o 2024-10-11. 
  23. ""Vegetarian" to Compete at Sundance 2010". www.hancinema.net/ (en inglés). 
  24. "Après Margaret Atwood, Han Kang offre un manuscrit secret à la «bibliothèque du futur»". Le Figaro (en francés). 2019-06-02. Consultado o 2024-10-11.