Eugenio Driutti
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1949 (75 anos) Tarcento, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | artista, medallista |
Eugenio Driutti, nado en Tarcento (Udine) o 14 de xaneiro de 1949, é un gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.
Traxectoria
Eugenio Driutti estudou medallística na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, en Roma, onde ingresou no curso 1971-1972. Alí formouse con mestres como Pietro Giampaoli e pasou a formar parte da chamada escola friulana de medallistas.[1]
Logo da súa formación en Roma ingresou nun taller en Udine, onde se instruíu nas artes do gravado con cicel, ata que en 1981 se incorporou ao cadro de gravadores da ceca pública italiana.[1]
Obra
Eugenio Drutti é autor dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e para a República de San Marino.[1][2]
Entre os seus traballos máis salientables están, entre outros, o anverso da moeda dun céntimo de euro de Italia[3] e os reversos das moedas de 200 liras de 1990 e de 1992, conmemorativas do Consello de Estado italiano e da Exposición Filatélica Xénova 92, respectivamente.[4][5]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Eugenio Driutti". Mebnet.altervista.org
- ↑ Catálogo de moedas deseñadas por Eugenio Driutti. Numista.com
- ↑ "1 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "200 Lire Philatelic Exhibition - Genoa'92". Numista.com
- ↑ "200 Lire State Council". Numista.com
Véxase tamén
Outros artigos
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugenio Driutti |