Galos
O termo galos designa as poboacións protohistóricas de celtas que residían na Galia, (Gallia en latín), é dicir, aproximadamente nos territorios actuais da Francia, o sur de Bélxica, e máis a Italia do norte, probabelmente a partir da primeira Idade de Ferro (cara ao 800 a.c.).
Os galos estaban divididos en múltiples tribos ou pobos, ás veces federados, presentando cada un certa cultura orixinal.
As civilizacións galas son clasificadas en arqueoloxía dentro da civilización céltica de La Tène (do nome dun lugar sito nas beiras do lago de Neuchâtel, en Suíza). A civilización de La Tène espallouse polo continente europeo durante a segunda Idade de Ferro e desapareceu en Irlanda ao longo da Alta Idade Media.
O nome
Os xermanos denominaban aos celtas *Walχisk[1] «estranxeiro»[2] transformado en alemán moderno en Welsch, un termo a miúdo pexorativo, co que os alemáns designan hoxe as poboacións de lingua románica.
O nome en latín de Galli, plural de Gallus, habitantes da Gallia «Galia», asociouse no Renacemento ao seu homónimo gallus «galo, polo adulto», convertendo así este animal no emblema de Francia.
Por outra banda, os gregos, denominaban aos galos Κελτοί (Keltói, Celtæ, dixo Xulio César) e aínda Γαλάται, plural de Γαλάτης, Galátai / Galátēs, que se pode transcribir en galego como Gálatas.
Testemuñas arqueolóxicas e históricas
Hai arqueólogos que fan remontar a civilización gala ao século VIII a.C. ou século VII a.C. (época da civilización céltica de Hallstatt): as testemuñas arqueolóxicas desta época, tales a tumba da princesa de Vix (Côte-d'Or)), datada a inicios do século V a.C., ofrecen a imaxe dunha sociedade marcada polo dominio dunha casta aristocrática e guerreira, que usaba o carro e empregaba unha espada longa.
Nas fontes gregas, en particular da época macedónica, aparecen innúmeras mencións de celtas, pertencentes sen dúbida a pobos galos: faise referencia á súa valentía e valor guerreiro. Isto corresponde ao período de maior expansión céltica (século IV a.C. e século III a.C.).
Nas fontes latinas posteriores, os galos dos séculos II a.C. e I a.C. son claramente diferenciados dos cimbros, dos teutóns (pobos xermano-célticos), dos bretóns e dos helvecios (pobos célticos da Gran Bretaña e de Suíza, respectivamente).
Pobos galos
Os galos dividíanse en pobos, un total de 44 na época da conquista romana. Formaban a Galia celta e foron incorporados á chamada Galia romana ou Galia transalpina.
Abaixo, preséntase unha lista, non exhaustiva, de pobos galos, coas respectivas capitais, na época da morte de Augusto, no 14. A notar que as denominacións dos pobos deron orixe, en moitos casos, ao nome actual da rexión ou cidade. Procurouse dar o nome en latín, seguido da versión en galego, cando existe.
Na Gallia comata
- Civitates Foederatæ (cidades federadas), unidas a Roma e exentas de impostos.
- Civitates Liberæ (cidades libres), recompensadas pola súa fidelidade a Roma.
- Civitates Stipendiariæ, as demais.
- os Abrincatui ou abrincatuos ou abrincatenos ou abrincates, capital Ingena (Avranches)
- os Agnutes
- os Ambilatres
- os Andecavi ou andecavos, capital Iuliomagus (Angers)
- os Aulerci Eburovicii ou aulercos eburovices, capital Mediolanum Eburovicum (Vieil-Evreux)
- os Aulerci Cenomani ou aulercos cenomanos, capital Suidinum (Le Mans)
- os Aulerci Diablintes, capital Noviodunum (Jublains)
- os Baiocasses ou baiocases, capital Augustodurum (Bayeux)
- os Caletii ou caletes ou caletos, capital Juliobona Lillebonne e Caracotinum (Harfleur)
- os Coriosilitae, capital Arvii despois Fanum Martis (Corseul)
- os Lexovii ou lexóvios, capital Noviomagus (Lisieux)
- os Namnetes ou namnetes, capital Condenvincum (Nantes)
- os Osismii ou osismos, capital Vorgium (Carhaix)
- os Parisii ou parisios, capital Lutecia ou Lutecia (Paris)
- os Pictoni ou píctones, capital Limonum (Poitiers)
- os R(h)edones ou rédones, capital Condate (Rennes)
- os senóns ou sénones, capital Agendicum (Sens)
- os Turoni ou túrones, capital Caesarodunum (Tours)
- os Tricassii ou tricases, capital Augustobona (Troyes)
- os Unelli ou unelos, capital Crouciaconum (Carentan)
- os Veneti, capital Dariorigum (Vannes)
- os Veliocassii ou veliocases ou veliocasos, capital Rothomagus (Ruán)
Na Galia Aquitania
- os Albigenses ou albigenses (Albi),
- os Cadurci ou cadurcos (Quercy, Cahors),
- os Ruteni ou rutenos (Rouergue, Rodez), a non confundir coa etnia eslava dos rutenos,
- os Lemovici ou lemovices ou limosinos (Lemosín),
- os Arverni ou arvernos (Auverña, capital Gergovia),
- os Vellavi ou velávios (Velay),
- os Bituriges ou bitúriges (Berry),
- os Aginnenses, despois Nitiobrogii, capital Aginnum (Agen),
- os Bituriges viviscos ou bitúriges viviscos (Bordelais; capital Bordeos),
- os Santones ou sántones (Saintonge, capital Saintes),
- os Petrocorii ou petrocorios (Périgueux),
- os Pictones (Poitou),
Na Galia Belga
- os Remi ou remos, capital Durocortorum (Reims), capital da Galia Belga durante a época romana.
- os Atrebates ou atrébates, capital Nemetocenna (Arras)
- os Bituriges Cubas ou bitúriges cubas, capital Avaricum (Bourges),
- os Eburones (eburões) ou Tungri, capital Aduatuqua (Tongeren)
- os Leuci ou leucos, capital Nasium (Naix) e Tullum (Toul),
- os Morini ou mórinos, capital Tarvenna (Thérouanne)
- os Nervii ou nérvios, capital Bavacum (Bavay)
- os Treveri ou tréveros, capital Augusta Treverorum (Tréveris)
- os Viromandui, capital descoñecida.
Pobos da Provincia Romana
Corresponden á actual Provenza:
- os Vocontii ou voconcios, veciños dos Allobroges (capital Vasio / Vaison-la-Romaine),
- os Volcae Arecomici ou volcas arecómicos (capital Colonia Augusta Nemausus / Nîmes),
- os Volcae Tectosages ou volcas tectósages ou tectósagos (capital : Tolosa / Tolosa).
Pobos da Galia Cisalpina
A Galia Cisalpina correspondía ao Norte de Italia:
- Salassi ou Salaxes ou Allobroges cisalpinos - asentados no val de Aosta e en Canavese, unha pequena comarca do Norte do Piemonte (Ivrea)
- Graioceles - No noroeste do Piemonte nos Alpes Graianos
- Seguses ou Cottios - No oeste do Piemonte, nos Alpes Cottios (Susa, Italia)
- Taurini ou Taurines - Piemonte (Turín, en italiano Torino)
- Insubres - No oeste da Lombardía (Milán, italiano Milano, que procede dun topónimo celta Mediolanum)
- Orobes - Na Lombardía central (Bérgamo)
- Cenomani ou Cœnomanes - No leste da Lombardía (Brixia Cremona) e Marsilia
- Lingones - Ao norte da Romagna (Ferrara), no val do río Po
- Senóns - No sur da Romagna (Rimini) e no norte das Marcas (Senigallia)
Outros pobos galos
- os Allobroges ou alóbroges (capital Vienna / Vienne),
- os Ambarri ou ambarros,
- os Bellovaci ou belóvacos (capital Cæsaromagnus / Beauvais),
- os Cadurci ou cadurcos (capital Cahors)
- os Cavares,
- os Ceutrones ou céutrones,
- os Gabales ou gábalos (capital Anderitum / Javols),
- os Mediomatrices ou mediomátricos (capital Dividunum/ Metz),
- os Medullos ou médulos,
- os Menapii ou menapios,
- os Sequani ou sécuanos.