Vannes
Gwened (br) | |||||
Alcume | cité des Vénètes | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Defense and Security zone of France (en) | Western defense and security zone (en) | ||||
Rexións | Bretaña | ||||
Departamento | Morbihan | ||||
Distritos | arrondissement of Vannes (en) | ||||
Capital de | Morbihan canton of Vannes-Est (en) canton of Vannes-Ouest (en) canton of Vannes-Centre (en) Bro Gwened arrondissement of Vannes (en) canton of Vannes-2 (en) (2015–) canton of Vannes-3 (en) (2015–) canton of Vannes-1 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 54.420 (2021) (1.684,83 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921890 Q3551178 | ||||
Superficie | 32,3 km² | ||||
Bañado por | Marle (en) e Vincin (en) | ||||
Altitude | 22 m-0 m-56 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 56000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | mairie-vannes.fr | ||||
Vannes (en bretón: Gwened, e en galó: Van), é un concello francés situado na costa sur da Bretaña. Está situada na Baixa-Bretaña e é a prefectura do departamento do Morbihan. Centro económico e destino turístico, cunha poboación de 52.683 habitantes (2007), é a quinta cidade da Bretaña. A cidade está construída en anfiteatro no fondo do golfo de Morbihan. A cidade antiga está rodeada de murallas e agrúpase ao redor da catedral San Pedro.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Vannes está situada no sur-centro da Bretaña, na ribeira norte do golfo de Morbihan, no estuario da Marle. Pódese dicir que é á vez unha cidade do interior e da costa, pois está na beira do golfo de Morbihan e dista 15 km do océano Atlántico.
Vannes desenvolveuse ao redor do centro histórico que se encontra na confluencia de tres outeiros: o outeiro do Mené onde está a parte intra-muros da cidade, o outeiro de Boismoreau onde está o barrio Saint-Patern e o outeiro de Garenne onde están a prefectura e a sede do conseil géneral do Morbihan.
A porta Saint Vincent, principal porta de entrada da cidade antiga, queda xunto ao porto deportivo ao que se accede por un canal de 1.500 m até a ponte de Kérino.
Clima
[editar | editar a fonte]Vannes benefíciase cun clima oceánico, caracterizado por invernos suaves e choivosos e veráns frescos e relativamente húmidos. A media é de 1.829 horas de sol ao ano.
Comunicación
[editar | editar a fonte]Xa na antiguidade Darioritum estaba situada na estrada do Océano, vía romana que unía Lión e Brest. A capital dos venetas era unha encrucillada importante de onde saían seis vías romanas, cara Locmariaquer (na entrada oeste do golfo de Morbihan), Hennebont, Corseul, Rennes, Rieux e Arzal, con desvío até Port-Navalo (na entrada leste do golfo). Encóntrase na encrucillada entre o eixe Nantes-Brest, formado pola A82 que a conecta coas principais cidades da Bretaña: Brest, Quimper, Lorient, Saint-Nazaire e Nantes. Rennes, a capital administrativa da rexión da Bretaña, está a 114 km. A estación de tren, construída en 1862.
Historia
[editar | editar a fonte]A vila galorrománica Darioritum foi fundada a finais do século I ane, na elevación de Boismoreau, dominando a ría e organizada ao redor dun amplo forum, centro administrativo e político do territorio véneto. O porto situado na parte baixa da vila favorecía a actividade comercial da ‘‘civitas’’. A finais do século III a construción dun castro impónse sobre a elevación veciña de Mené.
A principios do século V pasa a chamarse ‘‘Venetis’’, nome procedente dos venetas, galos vencidos por César en 56 ane. Durante moito tempo escribiuse ‘‘Vennes’’ e ‘‘Gwened’’ en bretón.
Nos séculos XII e XIII iniciouse a reconstrución da catedral, a edificación da ‘‘cohue’’[1] o mantemento da muralla... estruturándose unha rede viaria ao redor destes grandes edificios.
Tras o conflito dinástico que arrasa a Bretaña na segunda metade do século XIV os duques da familia de Monfort escollen Vannes como lugar de residencia. O duque Jean IV (1365-1399) mandou construír o castelo de Hermine e ampliar o recinto urbano que pasou así de cinco a dez hectáreas, estendéndose cara ao porto. A finais da idade media Vannes era unha das principais cidades da Bretaña.
En 1485 o duque François II crea en Vannes o primeiro parlamento da Bretaña. As sesións celébranse en Château Gaillard.
En 1488 o exército do duque François II é vencido polo exército francés en Saint-Aubun-du-Cornier, preto de Rennes. Os sucesivos matrimonios da súa filla, a duquesa Ana da Bretaña, cos reis de Francia Charles VIII e Lois XII intentaron pór fin á independencia da Bretaña. Pero en Vannes, en agosto de 1532, o rei François I reuniuse cos parlamentarios bretóns para decidir un tratado de Unión Perpetua que foi ratificado algúns meses máis tarde no castelo de Plessis-Macé en Anjou.
Entre 1675 e 1689 o exilio do parlamento da Bretaña, forzado a abandonar Rennes por Vannes, deu impulso a novas construcións, sobre todo na parte sur da cidade amurallada.
Alcanzou o rango de prefectura do Morbihan en 1791.
Na segunda metade do século XIX dous factores provocaron a urbanización do arrabalde: a chegada do ferrocarril en 1862 e, despois de 1870, a instalación de dous rexementos de artillaría. Constrúense novos edificios públicos (prefectura, casa do concello). Despois da segunda guerra mundial iniciouse un forte crecemento.
Ensino
[editar | editar a fonte]- A Universidade de Bretagne-Sud, creada en 1995, ten un campus en Vannes.[2]
Monumentos e sitios históricos
[editar | editar a fonte]Vannes ten a gategoría de Cidade de Arte e Historia e alberga numerosos monumentos e lugares culturais de primeiro orde. Ten 272 monumentos clasificados ou inscritos no inventario dos monumentos históricos.
O concello é unha cidade florida[3], obtivo catro flores en 2008 e a distinción Gran Premio na clasificación 2007 no certame das cidades e vilas floridas.
- As casas da zona antiga. As típicas casas do casco antigo da cidade, as máis antigas do século XV, mostran a arquitectura característica da idade media, coas súas fachadas de palla-barro con entramados de vigas de madeira á vista.
- Catedral Saint-Pierre. Clasificada como monumento histórico dende 1906. Foi reconstruída no século XV sobre a situación da primitiva catedral románica. A fachada occidental, de estilo neogótico, foi reconstruída no século XIX.
Eventos culturais e festividades
[editar | editar a fonte]- Festi’Vannes, festival de música fundado en 2002. Desenvólvese nos bares do centro da cidade durante o mes de abril, aberto a todos os estilos de música.
- Semaine du Golfe, festa marítima que ten lugar cada dous anos a semana antes da Ascensión nos concellos do litoral do Golfo de Morbihan.
- Feira do libro da Bretaña, en xuño, nos xardíns das murallas, creado en 2008.
- Festas históricas de Vannes, en xullo, recreando os grandes períodos da historia da cidade.
- Jazz en Vannes, en xullo-agosto, festival de música jazz creado en 1980.
- Festas de Arvor, en agosto, poñen en valor a cultura bretoa.
- Festival O mar en imaxes, exposición de fotos mariñas.
- Motocultor Festival, a finais de agosto
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]- Bélxica, Mons (1952)
- Alemaña, Cuxhaven (1963)
- Reino Unido Fareham (1967)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
As típicas casas do casco antigo de Vannes, coa catedral asomando por detrás
-
Unha rúa comercial, no casco antigo de Vannes
-
Xardíns ao pe da muralla
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Na idade media esta palabra é utilizada no oeste de Francia para nomear os lugares de mercado.
- ↑ "Université de Bretagne-Sud". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2018.
- ↑ "Ville fleurie". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 28 de maio de 2012.