Monte Parnaso
(el) Παρνασσός | ||||
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mitoloxía grega | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ftiótida, Grecia (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Montes Pindo (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 2.455 m | |||
Prominencia topográfica | 1.590 m | |||
O monte Parnaso (ou simplemente Parnaso, do grego antigo Παρνασσός Parnassós) é unha montaña do centro de Grecia, situada sobre o santuario de Delfos. Particularmente venerada durante a antigüidade, estaba consagrada á vez ao deus Apolo e ás nove Musas, das que era unha das súas dúas residencias. É un dos dez parques nacionais de Grecia.
Mide 2460 de altura e está situado no nomo de Ftiótide, na periferia de Grecia Central.
O nome
A orixe do seu nome é probabelmente prehelénica. Así nos arquivos hititas consta un nome anatolio comparábel: Parnašša que parece derivado do hitita e do luvita parna que significa casa ou morada. Parecera que primitivamente o curuto do Parnaso, como o do monte Olimpo, estivese considerado como un alto lugar de culto da hierogamia do Ceo (Zeus, asociado a Urano, divindade primeira do ceo) e da Terra (Gaia), posto que se sabe que o santuario de Delfos estivo primeiro consagrado a Gaia, andes de estalo a Apolo.
Nas Metamorfoses de Ovidio é no cumio desta montaña, o único lugar da terra que as augas non cubriron, despois do diluvio provocado polos deuses, onde atraca a embarcación de Deucalión[1].
Por outra banda, o monte Parnaso aparece evocado brevemente na Odisea de Homero como o lugar onde o heroe Ulises foi ferido por un xabarín na súa xuventude[2].