Eos
Nome orixinal | (grc) Ἠώς |
---|---|
Biografía | |
Residencia | ceo |
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Símbolo iconográfico | Azafrán, carro de guerra, cloak (en) , rose (en) , tiara (en) , Anacridium melanorhodon, Cicada e Grilo |
Patrón de | Madrugada |
Familia | |
Cónxuxe | Astreu Cephalus Titono |
Parella | Zeus Cleitus Céfalo Orión |
Fillos | Bóreas () Astreu Pyroeis () Astreu Astreia () ZeusTemis Siroco () Astreu Phaenon () Astreu Aoos () Cephalus Stilbon () Astreu Emathion () Titono Mêmnon () Titono Lips () Astreu Euro () Astreu Noto () Astreu Céfiro () Astreu Cécias () Astreu Héspero () Céfalo Eósforos () Cephalus Phaethon () Titono Apeliotes () Astreu Argestes () Astreu |
Pais | Hiperión e Tía |
Irmáns | Helios Selene |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Na mitoloxía grega, Eos (do grego Ἠώς, ou Ἕως), "amencer", é unha dos titáns e a deusa da alborada, que sae cada mañá do seu fogar na beira do Océano para anunciar ó seu irmán Helios, o Sol.
Eos era filla de Hiperión e Tea e irmá de Helios e Selene (a Lúa), «que brilla sobre todos os que están na Terra e sobre os inmortais deuses que viven no amplo ceo», en verbas de Hesíodo (Teogonía 371-374).
A adoración da alborada como deusa foi herdada dos tempos indoeuropeos. O seu equivalente na mitoloxía romana era Aurora («Eos» é un conato do latín «Aurora» e do sánscrito (védico) Ushás ‘Aurora’,[1] sánscrito Uṣánas ‘estela da alba, Venus’),[2] e na mitoloxía etrusca Thesan. A alborada asociouse na relixión romana con Matuta, máis tarde coñecida como Mater Matuta e tamén asociada cos portos marítimos.
Tiña un templo no Foro Boario. O 11 de xuño celébrase a Matralia neste templo na honra de Mater Matuta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cf. sànscrit उषस् ushás. Dins: Monier Monier-Williams: Sanskrit-English Dictionary. Clarendon Press, Oxford 1899, pàg. 220, col. 1.
- ↑ Cf. sànscrit Uṣánas. Dins: Monier Monier-Williams: Sanskrit-English Dictionary. Clarendon Press, Oxford 1899, S. 219, col. 3
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eos |