Saltar ao contido

Persio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaPersio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 34 Editar o valor en Wikidata
Volterra, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de novembro de 62 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoLatin satire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLúcio Aneu Cornuto (pt) Traducir, Remmius Palaemon (en) Traducir e Verginius Flavus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
BNE: XX969799

Aulo Persio Fraco, Aulus Persius Flaccus en latín, nado en Volterra, Etruria, o 4 de decembro de 34 e finado en Roma o 24 de novembro de 62, foi un poeta satírico latino.

Traxectoria

Dunha familia de orixe etrusca instalada en Volterra e pertencente á orde ecuestre, quedou orfo a moi temperá idade e chegou a Roma aos doce anos. Alí completou a súa formación en gramática e retórica e familiarizouse coa filosofía estoica.

Aínda que non participou na vida política, moveuse nos ambientes estoicos que atacaban o goberno e a moral disoluta da corte do emperador Nerón. Morreu prematuramente no ano 62, cando só contaba 28 anos, dunha enfermidade do estómago, deixando a súa valiosa biblioteca a Cornuto, quen, tras a morte do seu discípulo, fixo unha corrección das súas sátiras e encargou a edición da obra a Cesio Baseo, poeta tamén e amigo de Persio, a quen está dedicada a segunda das súas Sátiras.

Pasou a súa curta vida rodeado de nai, irmá, tía e curmá coas que convivía. Se cadra pola súa curta idade ou polo peculiar da súa vida, encerrado entre mulleres e membro da familia que lideraba a oposición total ao emperador, polo seu propio carácter e a súa falta de contacto coa vida real, representa un ideal estoico moi ríxido e severo. A súa moral foi dura e simplista, dogmática; o seu programa, estoico: só é libre o sabio porque domina as súas paixóns.

Obra

Son en total seis sátiras, uns seiscentos versos en total. Nelas critica os vicios propios da época de Nerón, pero nin coa indignación de Lucilio nin coa ironía de Horacio, senón baixo a perspectiva severamente moralista da filosofía estoica do seu mestre Cornuto.

A primeira ataca o mal gusto literario da época e a censura, diserta sobre os problemas xerais da poesía e expón as teorías literarias do autor; a segunda o abandono da primitiva relixión romana e a falsa relixiosidade imperante; a terceira trata sobre a importancia da educación e arremete contra os que abandonan o estudo da doutrina estoica; a cuarta diríxese contra os aproveitados e entremetidos que se benefician do seu apelido, relacións e riquezas para faceren carreira política. A quinta diserta sobre a auténtica liberdade, que só pode adquirirse mediante o coñecemento da doutrina estoica; está dedicada ao seu mestre Cornuto. A sexta trata sobre o recto uso das riquezas.

Persio non posuía un estro fácil: escribía con pouca continuidade e lentamente (scriptitavit et raro et tarde) e desenvolve exclusivamente os temas particularmente queridos para os estoicos: o verdadeiro espírito da relixión, a educación, a liberdade e o desprezo da riqueza. O estilo de Persio é escuro e difícil posto que, por máis que persiga a linguaxe coloquial, déixase arrastrar pola moda retoricista de época neroniana. A súa obra mestura discursos, monólogos, interrogacións retóricas e antíteses e móstrase anticlásica, chea de metáforas desconcertantes e de palabras escuras. Foi moi valorado na Antigüidade (Tertuliano, Lactancio, Xerome de Estridón, Agostiño de Hipona) e durante a Idade Media, como testemuña a rica tradición manuscrita, moi probabelmente polo contido moralizante da súa obra; ademais, o barroco Francisco de Quevedo revelouse como un entusiasta seguidor e imitador da súa obra.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas