Saltar ao contido

Pieter Brueghel o Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaPieter Brueghel o Vello

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Pieter Bruegel de Oude Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1525 Editar o valor en Wikidata
Breda, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 1569 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Bruxelas, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of Our Lady of the Chapel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo flamengo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura do Renacemento Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Bruxelas (1563 (Gregoriano)–1569 (Gregoriano))
Anveres (1551 (Gregoriano)–1563 (Gregoriano))
Mechelen (pt) Traducir
Anveres
Italia
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, gravador, debuxante Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRenacemento nórdico, Arte de paisaxes, retrato, Natureza morta, arte animal (pt) Traducir e arte marinha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRenascimento flamengo (pt) Traducir e Renacemento nórdico Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoIndex of prints by Pieter Brueghel the Elder (en) Traducir
Les estampes de Peter Brvegel l'ancien (en) Traducir (1908)
Bruegel: The Complete Paintings, Drawings and Prints (en) Traducir (2007)
The complete paintings of Bruegel (en) Traducir
Q114612033 Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPieter Coecke van Aelst (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaBrueghel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMayken Coecke (1563–) Editar o valor en Wikidata
FillosJan Brueghel, o Velho, Pieter Brueghel o Novo Editar o valor en Wikidata
ParentesPieter Coecke van Aelst, sogro
Pauwels Coecke van Aelst, cunhado ou cunhada Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Pieter Bruegel the Elder)
Het Gulden Cabinet (en) Traducir, (sec:Pieter Brueghel, Het Eerste Deel, pag. 89)
Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Breugel/ Mahler aus Breugel. 259, 259) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX897754 Musicbrainz: 12648473-6eba-42b6-9b7d-4c5e729dc544 WikiTree: Brueghel-1 Find a Grave: 4993 Editar o valor en Wikidata

Pieter Brueghel "o Vello", nado en Breda entre 1525 e 1530 e finado en Bruxelas o 9 de setembro de 1569, foi un pintor flamengo, célebre polos seus cadros retratando paisaxes e escenas campestres.

Traxectoria

Pieter Brueghel, coñecido como Pieter Brueghel "o Vello" (para distinguilo de seu fillo máis vello), foi o primeiro dunha familia de pintores flamengos. Asinou como Brueghel ata 1559, despois de que os seus fillos retiraron o "h" do apelido.

Pieter Brueghel o Vello, considerado como un dos mellores pintores flamengos do século XVI é o membro mais importante da familia. Probabelmente naceu en Breda (Países Baixos).

Foi admitido como mestre na Guilda de San Lucas con 26 anos, en 1551. Foi aprendiz de Coecke Van Aelst, artista de Anveres, escultor, arquitecto, deseñador de tapicerías e vitrais. Foi nesa altura que Brueghel viaxa a Italia, onde produce unha serie de pinturas, a maior parte das cales representan paisaxes. A súa primeira obra asinada e datada foi producida en Roma, no 1553.

En 1553 estableceuse en Anveres e dez anos despois mudouse para Bruxelas, de xeito permanente. Dez anos despois casou con Mayken, filla de Van Aelst, o seu antigo mestre.

Os seus cadros, que realzan o absurdo na vulgaridade, están no entanto plenos de animación e pequenos detalles, expondo as fraquezas e loucuras humanas. A súa fama creceu a través dos gravados publicados por Cock, mais a súa paixón pola figura humana tornouno o máis representativo pintor flamengo do século XVI.

Obra

A torre de Babel (1563).
O triunfo da Morte (1562)
A Colleita (1565).

Existen aínda 45 pinturas sobreviventes que se dan por auténticas, e outras que se coñecen mais están perdidas. Unha terceira parte destas obras áchase no Kunsthistorisches Museum de Viena. Existe tamén un gran número de debuxos e gravados.

Voda campesiña (1568)
  • Paisaxe con Cristo e os apóstolos no Mar de Tiberíades, 1553, talvez pintada con Maarten de Vos; Colección Privada.
  • O peixe grande come ao pequeno, 1556, Colección Albertina, Viena
  • Asno na escola, 1556, Kupferstichkabinett Staatliche Museen, Berlin
  • Parábola do sementador, 1557, Timken Museum of Art, San Diego
  • Paisaxe con a caída de Ícaro, c.1558, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • Proverbios holandeses, 1559, Staatliche Museen zu Berlin - Gemäldegalerie, Berlín
  • Loita entre o Entroido e a Coresma, 1559, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Batalla naval no Golfo de Nápoles, 1560, Galería Doria-Pamphili, Roma
  • Retrato dunha anciá, 1560,
  • Xogos de nenos, 1560, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Saúl (Batalla contra os Filisteos no Xilboa), 1562, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Dous macacos, 1562, Staaliche Museen, Gemäldegalerie, Berlín
  • O triunfo da Morte. 1562, Museo do Prado, Madrid
  • A caída dos ánxos rebeldes, 1562, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • Dulle Griet, c. 1562, Museum Mayer van den Bergh, Anveres
  • A torre de Babel, 1563, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • A fuxida a Exipto, 1563, Courtauld Institute Galleries, Londres
  • A "pequena" Torre de Babel, c. 1563, Museum Boymans-van Beuningen, Rotterdam
  • Morte da Virxe, 1564, Upton House, Banbury, Reino Unido
  • Camiño do Calvario, 1564, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • A Adoración dos Reis Magos, 1564, The National Gallery, Londres
  • Os meses. Un ciclo de seis ou doce pinturas dos meses ou estacións dun Libro de Horas, da que subsisten cinco:
    • Cazadores na neve (decembro-xaneiro), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
    • Día nubrado (febreiro-marzo), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
    • Colleita de feno (xuño-xullo), 1565, Museo Nacional, Praga
    • Os seitureiros (agosto-setembro), 1565, Metropolitan Museum of Art, Nova York
    • O regreso da traílla (outubro-novembro), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Paisaxe de inverno con trampa para paxaros, 1565, Wiltshire, Wilton House
  • A calumnia de Apeles, 1565, British Museum, Londres
  • A Matanza dos Inocentes, c. 1565, Hampton Court, Reino Unido/Kunsthistorisches Museum, Viena
  • O pintor e o experto, c. 1565, Colección Albertina, Viena
  • Predicación de Xoán Bautista, 1566, Museo de Belas Artes, Budapest
  • Censo en Belén, 1566, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • A danza nupcial, c. 1566, Detroit Institute of Arts, Detroit
  • Conversión de Paulo, 1567, Kunsthistorishes Museum, Viena
  • Terra de leite e mel, 1567, Alte Pinakothek, Múnic
  • O misántropo, 1568, Museo de Capodimonte, Nápoles
  • O cego guía de cegos, 1568, Museo Nazionale, Nápoles
  • Voda campesiña, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Danza campesiña, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Os mendigos, 1568, Louvre, París
  • O campesino e o ladrón de niños, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Os tres soldados, 1568, The Frick Collection, Nova York
  • A pega sobre o cadafalso, 1568, Museo estatal de Hesse, Darmstadt.
  • Tormenta no mar, obra inacabada, probabelmente a derradeira pintura de Brueghel.