Saltar ao contido

Xosé Gambino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaXosé Gambino
Biografía
Nacemento14 de maio de 1719 Editar o valor en Wikidata
Pazo do Faramello, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1775 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor, imaxineiro Editar o valor en Wikidata
MovementoRococó Editar o valor en Wikidata
AlumnosXosé Ferreiro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesXosé Ferreiro, xenro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1013367 BUSC: gambino-jose-1719-1775


San Roque de Gambino na capela do Hospital de San Roque en Santiago de Compostela.

Xosé Gambino, nado no Faramello (Ribasar, Rois) o 14 de maio de 1719 e finado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1775, foi o máximo expoñente da escultura rococó en Galicia.

Traxectoria

Naceu no pazo do Faramello. Colaborou con Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro. Os franciscanos encargáronlle unha figura de santo Antón para o convento de San Francisco de Herbón, onde innovou a iconografía galega co neno nun só brazo. Máis tarde, neste mesmo convento, tallou as imaxes da Virxe, san Xosé, san Francisco, san Miguel, san Rafael e Santiago Peregrino. Realizou as imaxes para o retablo da capela do pazo de Oca. En 1753 traballou no mosteiro de Oseira.

É emblemático o seu Santiago peregrino da sala capitular da basílica compostelá e as súas imaxes de Santiago Matamouros (na propia catedral e no frontón do Pazo de Raxoi). Salienta tamén un san Roque na capela compostelá do mesmo nome.

Grandes mosteiros como o de Sobrado dos Monxes[1] e San Martiño Pinario reclamaron tamén os seus servizos. Con el formouse o grande escultor galego do período seguinte Xosé Ferreiro, xenro seu.

Notas

  1. "Donativo de dos esculturas procedentes del extinguido monasterio de Sobrado". Boletín da Real Academia Galega (141): 327–328. 1921. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de maio de 2023. 

Véxase tamén

Bibliografía