Xosé Gambino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1719 Pazo do Faramello, España |
Morte | 24 de agosto de 1775 (56 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor, imaxineiro |
Movemento | Rococó |
Alumnos | Xosé Ferreiro |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parentes | Xosé Ferreiro, xenro |
Xosé Gambino, nado no Faramello (Ribasar, Rois) o 14 de maio de 1719 e finado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1775, foi o máximo expoñente da escultura rococó en Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no pazo do Faramello. Colaborou con Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro. Os franciscanos encargáronlle unha figura de santo Antón para o convento de San Francisco de Herbón, onde innovou a iconografía galega co neno nun só brazo. Máis tarde, neste mesmo convento, tallou as imaxes da Virxe, san Xosé, san Francisco, san Miguel, san Rafael e Santiago Peregrino. Realizou as imaxes para o retablo da capela do pazo de Oca. En 1753 traballou no mosteiro de Oseira.
É emblemático o seu Santiago peregrino da sala capitular da basílica compostelá e as súas imaxes de Santiago Matamouros (na propia catedral e no frontón do Pazo de Raxoi). Salienta tamén un san Roque na capela compostelá do mesmo nome.
Grandes mosteiros como o de Sobrado dos Monxes[1] e San Martiño Pinario reclamaron tamén os seus servizos. Con el formouse o grande escultor galego do período seguinte Xosé Ferreiro, xenro seu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Donativo de dos esculturas procedentes del extinguido monasterio de Sobrado". Boletín da Real Academia Galega (141): 327–328. 1921. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de maio de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Gambino |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvaro, Milagros (1997). Gambino 1719-1772. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-149-2.