Saltar ao contido

Décimo Xunio Pera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDécimo Xunio Pera
Nome orixinal(la) D. Iunius D.f.D.n. Pera Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoAntes de 266 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
266 a. C. – 266 a. C.
Xunto con: Numério Fábio Pictor (pt) Traducir
Censor romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga, militar da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoEarly Roman Republic (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaJunii Perae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
FillosMarco Xunio Pera Editar o valor en Wikidata
PaisDécimo Xunio Bruto Pera Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarcus Junius Pera Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRealencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Décimo Xunio Pera (​en latín: Decimus Iunius Pera) foi un político e militar romano, pertencente á gens Xunia, unha das familias patricias máis antigas e coñecidas da República romana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Décimo Xunio Bruto Pera e pai de Marco Xunio Pera, cónsul no 230 a.C.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

No 266 a. C., foi elixido cónsul con Numerio Fabio Píctor,[1] dous anos antes da Primeira Guerra Púnica. Nese mesmo celebrou dous triunfos: o primeiro pola vitoria sobre os sarsinatos e, o segundo, pola conseguida sobre os salentinos e mesápios.[2]

Segundo Tito Livio, trala morte do seu pai, Décimo Xunio Bruto Pera, no 264 a. C., Décimo e o seu irmán, Marco, ámbolos dous cónsules e censores de Roma, quixeron celebrar a morte e honrar ao seu pai retomando unha antiga tradición etrusca tradición (o gens Xunia era de orixe etrusca) coñecida como munus (regalo ou don) gladiatorium,[3] un xeito de ofrenda para honrar os defuntos que consistía nunha loita entre dous individuos, que orixinariamente eran escravos, e que deberían morrer loitando polas súas vidas. Esta primeira celebración tivo lugar no Foro Boario, cando tres parellas de individuos loitaron ata a morte, unha ofrenda de sangue tal como esixía a tradición etrusca. A partir de entón, o costume pasou a ser habitual entre as familias nobres da cidade e que, posteriormente, se coñecería como Xogos Romanos.

Décimo, tamén foi elixido censor no 253 a. C. xunto con Lucio Postumio Megelo, pero abdicou despois da morte de Megelo no mesmo ano mentres exercía o cargo.[4]

  1. Broughton (1951), p. 201
  2. Smith (1867), p. 185
  3. Muñoz-Santos, María Engracia (9 de abril de 2019). "Munera gladiatoria, grandes espectáculos romanos". antiguaroma.com (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  4. Broughton (1951), p. 211

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic : Volume I, 509 B.C. - 100 B.C. Colección: Philological Monographs, número XV, volume I (en inglés). Nova York: The American Philological Association. 
  • Smith, William, ed. (1867). "Pera". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III (en inglés). Boston: Little, Brown and Company. p. 185. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Marco Atilio Régulo e
Lucio Xulio Libón

Cónsul da República Romana
con Numerio Fabio Píctor

266 a. C.
Sucesor:
Quinto Fabio Máximo Gúrxite e
Lucio Mamilio Vítulo