Décimo Xunio Pera
Nome orixinal | (la) D. Iunius D.f.D.n. Pera |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Antes de 266 a. C. Roma Antiga |
Morte | século III a. C. valor descoñecido |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Cónsul romano | |
266 a. C. – 266 a. C. Xunto con: Numério Fábio Pictor (pt) | |
Censor romano | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga |
Período de tempo | Early Roman Republic (en) |
Familia | |
Familia | Junii Perae (en) |
Cónxuxe | valor descoñecido |
Fillos | Marco Xunio Pera |
Pais | Décimo Xunio Bruto Pera e valor descoñecido |
Irmáns | Marcus Junius Pera |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) |
Décimo Xunio Pera (en latín: Decimus Iunius Pera) foi un político e militar romano, pertencente á gens Xunia, unha das familias patricias máis antigas e coñecidas da República romana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Era fillo de Décimo Xunio Bruto Pera e pai de Marco Xunio Pera, cónsul no 230 a.C.
Carreira política
[editar | editar a fonte]No 266 a. C., foi elixido cónsul con Numerio Fabio Píctor,[1] dous anos antes da Primeira Guerra Púnica. Nese mesmo celebrou dous triunfos: o primeiro pola vitoria sobre os sarsinatos e, o segundo, pola conseguida sobre os salentinos e mesápios.[2]
Segundo Tito Livio, trala morte do seu pai, Décimo Xunio Bruto Pera, no 264 a. C., Décimo e o seu irmán, Marco, ámbolos dous cónsules e censores de Roma, quixeron celebrar a morte e honrar ao seu pai retomando unha antiga tradición etrusca tradición (o gens Xunia era de orixe etrusca) coñecida como munus (regalo ou don) gladiatorium,[3] un xeito de ofrenda para honrar os defuntos que consistía nunha loita entre dous individuos, que orixinariamente eran escravos, e que deberían morrer loitando polas súas vidas. Esta primeira celebración tivo lugar no Foro Boario, cando tres parellas de individuos loitaron ata a morte, unha ofrenda de sangue tal como esixía a tradición etrusca. A partir de entón, o costume pasou a ser habitual entre as familias nobres da cidade e que, posteriormente, se coñecería como Xogos Romanos.
Décimo, tamén foi elixido censor no 253 a. C. xunto con Lucio Postumio Megelo, pero abdicou despois da morte de Megelo no mesmo ano mentres exercía o cargo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic : Volume I, 509 B.C. - 100 B.C. Colección: Philological Monographs, número XV, volume I (en inglés). Nova York: The American Philological Association.
- Smith, William, ed. (1867). "Pera". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III (en inglés). Boston: Little, Brown and Company. p. 185.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Marco Atilio Régulo e Lucio Xulio Libón |
Cónsul da República Romana con Numerio Fabio Píctor 266 a. C. |
Sucesor: Quinto Fabio Máximo Gúrxite e Lucio Mamilio Vítulo |