África Occidental
Aparencia
Coord.: 12°N 3°L / 12, 3
(Redirección desde «África occidental»)
Tipo | rexión xeográfica rexión cultural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | África | ||||
Situado na entidade xeográfica | África | ||||
Localización | |||||
Continente | África | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | África do Norte África central Océano Atlántico | ||||
Composto por | |||||
África Occidental é unha rexión xeográfica que abrangue o oeste de África. Adoita incluírse nela os seguintes países:
- Benín
- Burkina Faso
- Camerún
- Cabo Verde
- Costa do Marfil
- Gabón
- Gambia
- Ghana
- Guinea
- Guinea-Bissau
- Liberia
- Malí
- Níxer
- Nixeria
- República do Congo (Congo-Brazzaville)
- Senegal
- Serra Leoa
- Togo
Chad, e parte do Magreb (Mauritania e Sáhara Occidental, pero tamén Marrocos, Tunisia e Alxeria) son, en ocasións, tamén considerados como parte de África occidental.
África occidental é unha área con gran diversidade de paisaxes, biorrexións e culturas. Limita ao oeste e ao sur co océano Atlántico e ao norte co deserto do Sáhara. Ao leste o límite é menos preciso; xeralmente considérase a liña entre o monte Camerún e o lago Chad.
Os límites coloniais transformáronse nos límites de países contemporáneos da rexión. Nalgúns casos estes límites dividen grupos étnicos entre diferentes países.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |