Saltar ao contido

República do Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública do Congo
République du Congo (fr)
Repubilika ya Kongo (kg)
Republíki ya Kongó (ln) Editar o valor en Wikidata

HimnoLa Congolaise Editar o valor en Wikidata

Lema«Unité, Travail, Progrès»
«Unity, Work, Progress»
«Единство, труд, прогрес»
«Undeb, Gwaith, Datblygiad» Editar o valor en Wikidata
Nomeado en referencia aRío Congo Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°45′00″S 15°23′00″L / -0.75, 15.383331Coordenadas: 0°45′00″S 15°23′00″L / -0.75, 15.383331
CapitalBrazzaville Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.260.750 (2017) Editar o valor en Wikidata (15,38 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie342.000 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Nabemba (1.020 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1960 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidente da República Editar o valor en WikidataDenis Sassou-Nguesso (1997–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of the Republic of the Congo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro da República Editar o valor en WikidataClément Mouamba Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of the Republic of the Congo (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal13.366.230.821 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedafranco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cg Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+242 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia117 e 118 Editar o valor en Wikidata
Código de paísCG Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgouvernement.cg Editar o valor en Wikidata

A República do Congo[1][2] (en francés: République du Congo; en congo: Repubilika ya Kongo; en lingala: Republiki ya Kongó), tamén chamado Congo-Brazzaville para distinguilo da veciña República Democrática do Congo, é un país africano. Limita ao norte con Camerún e a República Centroafricana, ao leste e sur coa República Democrática do Congo, ao sur con Cabinda e ao oeste co océano Atlántico e Gabón. A súa capital é Brazzaville.

O Congo obtivo a súa independencia da Francia o 15 de agosto do 1960. O seu primeiro presidente foi Fulbert Youlou, forzado a deixar o goberno por unha revolta, no 1963. Asume, entón, a presidencia Alphonse Masamba-Délbat que, en 1964, fundou un partido de índole marxista-leninista adoptando unha economía planificada, de base socialista. A seguir, dá inicio a un "Plano Quinquenal" que levou a unha expansión inicial da agricultura e da industria.

A tensión entre o goberno e os militares crece e, no 1968, o Exército dá un golpe de estado, liderado polo maior Marien Ngouabi, que asume o poder. El mantivo a liña socialista, pero creando o seu propio partido, o "Partido Congolés dos Traballadores" (PCT). En 1970, o país adopta a denominación de República Popular do Congo e consolida o seu réxime ligado ao marxismo-leninismo. Neste mesmo ano, o exército esmaga unha tentativa de golpe contra o presidente, liderada polo ex-tenente paracaidista Pierre Xitonga, e executa a todos os conspiradores, coa excepción do exministro de Defensa, Augustin Poignet, que consegue fuxir. Aproveitándose desta situación, dá inicio a un expurgo xeral de todos os sospeitosos de seren contrarios ao seu goberno.

O Partido Congolés do Traballo permanece como o único legal e, en 1977, o presidente foi asasinado, asumindo o poder unha xunta militar. En 1979 pasa á presidencia o coronel Sassou-Nguesso, que exerce poderes ditatoriais ata 1989, cando o colapso comunista do leste europeo o leva a anunciar reformas políticas e a transición para a economía de mercado. O goberno mantén unha política internacional de neutralidade, relacionándose tanto co capitalismo como co comunismo.

En 1990, o PCT abandona o marxismo-leninismo. No ano seguinte, tropas cubanas estacionadas no país desde 1977, deixan o Congo. En 1992 é votada a nova Constitución, onde está previsto un sistema político multipartidista.

Política

[editar | editar a fonte]

Subdivisións administrativas

[editar | editar a fonte]
Mapa dos 12 departamentos da República do Congo.

O país divídese en 12 departamentos, que á súa vez se dividen en comunas e distritos.[3] Os departamentos son os seguintes:

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localizado no centro-oeste de África, cunha pequena porción de costa no océano Atlántico e cortado pola liña do Ecuador, o Congo ten clima quente e húmido. Preto de 55% do territorio é cuberto por forestas tropicais.

Economía

[editar | editar a fonte]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cultura da República do Congo.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para congolés.
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  3. Con cifras inconsistentes:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.