Saltar ao contido

Cedilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ç»)
¸
Cedilla
Diacríticos do alfabeto latino

acentos
   acento agudo ( ´ )
   acento agudo dobre ( ˝  )
   acento circunflexo ( ^ )
   acento grave ( ` )
   acento grave dobre (   ̏   )
anel ( ° )
breve ( ˘ )
breve inversa ( ̑ )
caron ( ˇ )
cedilla ( ¸ )
corno (  ̛ )
diérese ( ¨ )
gancho ( ˛   ̢ )
gancho superior (  ̉ )
macron ( ¯ )
ogonek ( ˛ )
punto
   punto inferior ( . )
   punto medio ( · )
   punto de lista ( )
   punto superior ( ˙ )
til ( ~ )
trazo ( ◌̸ )

Signos ortográficos empregados como diacríticos

apóstrofo ()
barra ( / )
barra inversa ou invertida ( \ )
barra vertical ( | )
coma ( , )
dous puntos ( : )
guión ( - )

Diacríticos de alfabetos non latinos

Diacríticos do alfabeto árabe
Diacríticos do alfabeto cirílico
Diacríticos do alfabeto devanágari
Diacríticos do alfabeto grego
Diacríticos do alfabeto hebreo
Diacríticos do alfabeto tibetano
Diacríticos dos silabarios xaponeses

Ç ç
Ȩ ȩ
Ģ ģ
Ķ ķ
Ļ ļ
Ņ ņ
Æ, æ,
Ŗ ŗ
Ş ş
Ţ ţ
Z, z,

A cedilla[1] (do castelán: «pequeno z») é un signo diacrítico.

Historicamente, a cedilla castelá (e, por extensión xeográfica, a galegoportuguesa, a portuguesa, a catalá e mais a francesa) colócase soamente baixo un c orixinado, entre outras posibilidades, dun c latino palatalizado. Forma, polo tanto, a letra ç (ce cedillado), pronunciada orixinalmente /ts/, despois convertida en [s].

A cedilla non forma parte do alfabeto galego da norma actual.

A orixe da cedilla.

A cedilla (cedrilla na vernácula) é un pequeno z. A grafía actual tivo orixe na escrita gótica medieval (ʒ). A utilización do sinal gótico é debido á limitación do alfabeto latino. O nome da cedilla provén do castelán onde apareceu contra o século XVII.

O castelán abandonou o uso da cedilla no século XVIII (o ç foi substituído por z ou c simple antes de e e i). O galego tamén tendeu ao seu abandono coa perda do seseo total en parte do territorio. No rexurdimento algúns autores, coma Rosalía de Castro aínda a empregaban para representar o seseo. Os outros idiomas próximos, catalán, francés e portugués, consérvana. A variante reintegracionista do galego tamén continúa a empregala indistintamente para os diferentes sons das variedades dialectais [ɵ] ou [s].

A introdución e a manutención da cedilla é un xeito eficaz e consensual de regular definitivamente o problema da pronuncia ambigua do c latino.[Cómpre referencia] De feito, se o ce cedillado precede un a, un o ou un u é pronunciado [s], ao contrario do ce non cedillado, que é pronunciado [k], cando precede as mesmas vogais. Desta forma, o sinal permite evitar que se renuncie aos vínculos co pasado, preservando a coherencia gráfica da lingua e tornando a escrita menos ambigua. A presenza da cedilla é importante nunha palabra, pois deixa clara súa orixe etimolóxica, que co galego normativo é imposíbel adiviñar.[Cómpre referencia]

Uso en galego

[editar | editar a fonte]

No galego actual o ç só se emprega en palabras de orixe estranxeira (cachaça) ou en topónimos e antropónimos doutras linguas (Valença, Eça, Barça). No galego-portugués empregouse en palabras que hoxe se escriben con "z" ou "ci": (espaço: espazo; canção/cançom: canción).

En galego reintegracionista é utilizada baixo a letra c para xerar o son [s]/[ɵ] (segundo a variedade dialectal) antes de a, o e u.

Uso noutras linguas

[editar | editar a fonte]
Diferenza entre coma e cedilla
  • No romanés emprégase unha coma nas letras Şş, Ţţ que en ocasións pode aparecer representado como un s ou un t cedillados. Esa mesma coma emprégase en letón.
  • O marshalés emprega a cedilla nas letras ļ, , ņ e .[11] Debido á dificultade de escribir estes signos aparecen en ocasións substituídos por outros.[12][13]
  • En manx emprégase çh para indicar o fonema [ʧ], pero na escrita tamén pode aparecer como ch (que ten como pronuncia [χ]).[14]
  • O Alfabeto Fonético Internacional emprega o símbolo /ç/ para representar a consoante fricativa palatal xorda.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cedilla.
  2. Omniglot (ed.). "Occitan". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  3. Omniglot (ed.). "Mirandese". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  4. Omniglot (ed.). "Friulian". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  5. Omniglot (ed.). "Azerbaijani". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  6. Omniglot (ed.). "Gagauz". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  7. Omniglot (ed.). "Tatar". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  8. Omniglot (ed.). "Turkmen". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  9. Omniglot (ed.). "Kurdish". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  10. Omniglot (ed.). "Chechen". Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 
  11. "Marshallese Alphabet and Language". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  12. Omniglot (ed.). "Marshallese". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  13. "Marshallese-English Online Dictionary". Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  14. Omniglot (ed.). "Manx". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]