A. Loudon Snowden
Nome orixinal | (en) A. Loudon Snowden |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de agosto de 1835 Cumberland. Pensilvania. |
Morte | 7 de setembro de 1912 (77 anos) Filadelfia. Pensilvania. |
Lugar de sepultura | Cemiterio Laurel Hill. |
United States Ambassador to Romania (en) | |
Embaixador dos Estados Unidos en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Washington & Jefferson College. |
Actividade | |
Ocupación | Político, embaixador e alto funcionario. |
Partido político | Partido Republicano |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Robinson Smith |
Fillos | Caroline Smith Snowden |
Pais | Isaac Wayne Snowden e Margaret Bines Loudon |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography |
Superintendente da Ceca de Filadelfia (1879-1885) Embaixador en Serbia, Romanía e Grecia (1889-1892) Embaixador en España (1892-1893) |
Archibald Loudon Snowden, nado no condado de Cumberland, Pensilvania, o 11 de agosto de 1835 e finado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de setembro de 1912, foi un político e diplomático estadounidense da segunda metade do século XIX, embaixador dos Estados Unidos en varios países europeos e superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Snowden naceu no condado de Cumberland, Pensilvania, o 11 de agosto de 1835,[1] fillo de Margery Bines Louden e de Isaac Wayne Snowden, un cirurxián do exército estadounidense que serviu na primeira guerra seminoles ás ordes do xeneral Jackson, e foi ferido en Fort Scott, Xeorxia.[2][3]
O seu tío, James Ross Snowden, foi director da Casa da Moeda dos Estados Unidos.[4][5]
Snowden graduouse no Jefferson College en 1856.[2]
Antes da guerra civil
[editar | editar a fonte]Logo da súa graduación, foi nomeado rexistrador da Casa da Moeda dos Estados Unidos o 7 de maio de 1857.[6] Politicamente, Snowden foi demócrata ata 1860, cando se pasou ao Partido Republicano por considerar que a política dos demócratas era prexudicial para os intereses manufactureiros do país.[7]
Tras o estoupido da guerra civil estadounidense en 1861, Snowden colaborou na formación dun rexemento voluntario de infantaría de Pensilvania e foi nomeado tenente coronel. Posteriormente foi elixido capitán da primeira tropa da cidade de Filadelfia.[2][8]
Foi elixido membro da Sociedade Filosófica Americana en 1873.[9]
Despois da guerra
[editar | editar a fonte]Snowden pasou a ocupar o posto de cuñador xefe da Ceca de Filadelfia o 1 de outubro de 1866, e de 1877 a 1879 foi tamén administrador de correos de Filadelfia.[6] Entre 1879 e 1885 foi ascendido a superintendente da Ceca de Filadelfia,[10] nomeado como tal polo presidente Ulysses S. Grant.[2] En 1878, rexeitou en dúas ocasións o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, ofrecido polo presidente Rutherford B. Hayes.[11]
Snowden realizou melloras e diversas innovacións relacionadas coa maquinaria de cuñaxe de moeda, e escribiu artigos sobre temas relacionados coa produción de moeda, sobre o gran selo dos Estados Unidos e sobre outros temas.[5] Estivo tamén relacionado cos ferrocarrís, coas compañías de seguros e con outros intereses empresariais.[6]
En 1889, Snowden sucedeu a Walker Fearn e foi simultaneamente embaixador dos Estados Unidos en Grecia, en Romanía e en Serbia, ata 1892. Do 22 de xullo de 1892 ao 3 de xuño de 1893, foi enviado extraordinario e ministro plenipotenciario en España.[12]
Derradeiros anos
[editar | editar a fonte]Snowden foi presidente da Comisión do Parque Fairmount. En 1903 foi acusado, xunto co senador estatal Charles A. Porter, o contratista C. Kennedy Crossan e Ludwig S. Filbert, de obter beneficios fraudulentos a través da Danville Bessemer Company.[13]
Snowden finou o 7 de setembro de 1912 en Filadelfia, como consecuencia dunha doenza de nove meses.[1] O seu corpo soterrouse no cemiterio Laurel Hill.[14]
Vida familiar
[editar | editar a fonte]O 16 de febreiro de 1864, Snowden casou con Elizabeth Robinson Smith (1841-1910), con quen tivo dúas fillas e dous fillos: Caroline Smith Snowden (1865-1960), Mary Buchanan Snowden (nada en 1866), Charles Randolph Snowden (1871-1913) e Archibald Loudon Snowden (1878-1878).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Col. A. L. Snowden dead. Ex-minister to Spain expires after a long illness". En The New York Times. 7 de setembro de 1912.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mc Cormick, L. J. (1896). Family Record and Biography. Chicago.
- ↑ Sons of the Revolution. Pennsylvania Society (1898). Decennial Register of the Pennsylvania Society of Sons of the Revolution: 1888-1898. F. B. Lippincott. Páxina 418.
- ↑ "James Ross Snowden. Director of the Mint". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 132-133.
- ↑ 5,0 5,1 Smith, A. M. (1881). Coins and Coinage: The United States Mint, Philadelphia, History, Biography, Statistics, Work, Machinery, Products, Officials ... A.M. Smith, Filadelfia. 4ª ed. Páxinas 48-54.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Wilson, J. G.; Fiske, J., eds. (1900). "Snowden, James Ross" . En Appletons' Cyclopædia of American Biography. D. Appleton, Nova York.
- ↑ Morris, C. (1896). Men of the Century, an Historical Work: Giving Portraits and Sketches of Eminent Citizens of the United States. L. R. Hamersly & Company, Filadelfia. Páxina 73.
- ↑ Seymour, J. (2008). First Troop Philadelphia City Cavalry. Arcadia Publishing. Páxina 94. ISBN 9780738557670
- ↑ "American Philosophical Society Member History: Nº 29". Amphilsoc.org
- ↑ Forrer, L. (1912). "Snowden, Col. A. Loudon". En Biographical dictionary of medallists. Vol. 5. Páxina 560.
- ↑ "Dr. Linderman's successor, Col. A. L. Snowden declines the position - Mr. Preston wants the office". En The New York Times. 5 de febreiro de 1879.
- ↑ "Archibald Loudon Snowden (1837–1912)". Office of the Historian (history.state.gov).
- ↑ "Col. Snowden. A defendant. Suit to recover $325,000 in connection with Danville Bessemer Company". En The New York Times. 5 de decembro de 1903
- ↑ "Archibald Loudon Snowden". Findagrave.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A. Loudon Snowden |