A cizaña
A cizaña | |
---|---|
Título orixinal | La Zizanie |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dargaud Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1970 1992 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 48 |
ISBN | ISBN 84-7154-763-5 |
Precedido por | Astérix en Hispania |
Seguido por | Astérix na Helvecia |
Tradución | Marisa Guerra (1992) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cizaña (en francés: La Zizanie) é o décimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado orixinalmente de forma serializada na revista Pilote, nos números 531-552, en 1970.[1][2]
Foi traducido ó galego por Marisa Guerra e publicado pola Editorial Galaxia en 1992.[3][4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O Senado romano rexeita conceder novos fondos a Xulio César para novas conquistas. Por mor disto, decide acabar dunha boa vez coa pequena aldea gala que se lle resiste. Despois dunha reunión cos seus conselleiros, decide enviar á aldea a Tullius Detritus, un romano que ten un don innato para provocar disputas.
O primeiro que fai Detritus ó chegar á Galia é ofrecer a Astérix unha xerra, afirmando que lla dá "ó home máis importante da aldea". Deste xeito, comeza unha "guerra psicolóxica" destinada a facer que xurdan desavinzas entre todos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ René Goscinny - Asterix and the Roman Agent - Hachette Children's Group (en inglés).
- ↑ "La Zizanie - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ A cizaña. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-040-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.