Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle
Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle | |
---|---|
País | Francia |
Localización | Saint-Wandrille-Rançon e Rives-en-Seine |
Coordenadas | 49°31′46″N 0°46′00″L / 49.529561111111, 0.76655 |
Diocese | Arquidiocese de Rouen |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Estilo | Arquitetura carolíngia |
Páxina web | http://www.st-wandrille.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A abadía de Saint-Wandrille, antigamente chamada abadía de Fontenelle, é unha abadía beneditina situada no departamento de Seine-Maritime, na rexión de Normandía (Francia).
Instaurada no século VII, aínda hoxe está parcialmente en pé. Desde 1862 está baixo protección como monumento histórico.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]San Wandrille fundou en 649 a abadía de Fontenelle, sobre unha propiedade concedida por Erquinoaldo, mordomo de palacio de Neustria. En 787, por orde de Carlomagno, Landry, abade de Jumièges e Ricardo, conde de Ruan estableceron un políptico, hoxe perdido. Foi a terceira abadía da provincia de Ruan, despois de Saint-Ouen e de Saint-Evrault.
Nunha carta de Carlos o Calvo datada o 21 de marzo de 854, pódese ler que os relixiosos de Fontenelle posuían bens en Le Pecq (Yvelines), en Chaussy-en-Vexin (Val-d'Oise), en Pierrepont, na comuna de Grandcourt (Somme), Bution (lugar aínda sen localizar, pero probabelmente cerca de Arpajon) e Marcoussis en Essonne.
A abadía contaba con 4 264 leiras e 28 muíños, ademais doutras propiedades, que, porén, se perderon practicamente por mala xestión.[2]
Contra 858 foi saqueada polos normandos e abandonada.
Contra 960, Ricardo I de Normandía propiciou o restablecemento dos monxes levados por Gérard de Brogne. Roberto o Magnífico emitiu cartas para a devolución das propiedades usurpadas.
A lenda di que o cabaleiro normando Roxerio de Hautreville, futuro primeiro conde de Sicilia, namorou de Xudite de Évreux cando a viu na abadía, onde a enviaran xunto coa súa irmá Emma. A parella casaría en 1061 na cidade calabresa de San Martino di Taurianova.[3][4]
Durante as Guerras de relixión de Francia, en maio de 1562, os protestantes e os seus seguidores saquearon a abadía.
A Revolución francesa suprimiu a institución e a pedra dos edificios góticos reutilizouse noutras construcións.
Desde 1862 está baixo protección como monumento histórico.
Edificios
[editar | editar a fonte]- Único claustro gótico completo na Alta Normandía
- Gran refectorio
- Patio de honor
- Ruínas da abadía gótica
- Granxa medieval
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abbaye de Bénédictins Saint-Wandrille dite Abbaye de Fontenelle en pop.culture.gouv.fr (en francés).
- ↑ Kuchenbuch, Ludolf (1991): Grundherrschaft im früheren Mittelalter. Idstein, Darmstadt, Hesse, Alemaña: Schulz-Kirchner Vlg.
- ↑ Malaterra, Goffredo (2005): The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard. Ann Arbor, Míchigan, USA: The University of Michigan Press. ISBN 0-4721-1459-X.
- ↑ Norwich, John Julius (2004): The Normans in Sicily. The Normans in the South 1016-1130 and the Kingdom in the Sun 1130-1194. Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1401-5212-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle |