Abelardo Santorum
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 1975 (53/54 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, escritor |
Abelardo Santorum Alonso, nado en Buenos Aires en 1921 e finado en Ourense en 1975, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Ourense e na Universidade Pontificia de Salamanca. Foi párroco de San Fagundo de Cea e de Serantes. Poeta relixioso de tendencia clasicista, en 1968 publicou o libro Vía Crucis en lingua galega e en 1970 Remol do estrelecer. Deixou inéditos os libros O libro de Xob e Biografía dunha volvoreta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Estévez Gómez, José Ramón (2011). "Abelardo Santorum, un gran poeta olvidado". Auriensia: publicación anual del Instituto Teológico "Divino Maestro" de la Diócesis de Ourense (14): 357–387.