Abilene, Texas
Epónimo | Abilene (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Texas | ||||
Condado | Condado de Jones (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 125.182 (2020) (431,18 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 43.607 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Abilene metropolitan area (en) (Poboación:176.579) | ||||
Superficie | 290,32185 km² | ||||
Auga | 4,8246 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 524 m | ||||
Creación | 1881 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Abilene, Texas (en) | Weldon Hurt (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 79601–79608 e 79697–79699 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 325 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | abilenetx.com |
Abilene é unha cidade de Texas (Estados Unidos) e capital do condado de Taylor. Tiña 115.930 habitantes no 2001.
Lingua, orixe da poboación e relixión
[editar | editar a fonte]- Lingua materna: 85% inglés, 12,8% castelán, 0,5% alemán, 0,3% tagalo.
- Orixe: 18,6% hispano, 10,7% alemán, 9,8% inglés, 8,7% irlandés, 8% afroamericano, 2,6 % francés, 2,1% norteirlandés, 1,9% asiático, 1,5% holandés, 1,5% italiano, 1,1% nativoamericano, 1% polaco.
A Igrexa Baptista, a Igrexa de Cristo e a Igrexa Metodista son as principais confesións da cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi establecida en marzo de 1881 como un apeadoiro da liña de ferrocarril Texas-Pacífico. Antes do establecemento do ferrocarril a área de Abilene estivo ocupado esporadicamente por indios nómades e forzas militares norteamericanas. Máis tarde chegaron os cazadores de búfalos e os rancheiros. Arredor de 1870 os indios foron expulsados. O anuncio en xaneiro de 1881 da fundación pola compañía de ferrocarril, dunha cidade á beira da liña de ferrocarril entre o Pacífico e Texas atrae a centos de colonos que chegan para participar na poxa dos terreos, os lotes foron adxudicados o 15 de marzo de 1881. O 2 de xaneiro de 1883 a cidade vota integrarse nos Estados Unidos. O 23 de outubro de 1883 Abilene convértese na capital do condado de Taylor. A electricidade chega en 1891, o teléfono en 1898 e o gas natural en 1914.
O establecemento en 1940 da base militar de Camp Barkeley cambiou a vida da cidade, os 60.000 soldados adestrados aquí modificaron a economía da cidade ata que a fin da segunda guerra mundial supuxo o peche da base. Pero en 1952 estableceuse a base aérea de Dyess. Entre 1951 e 1955, 903 novos pozos de petróleo foron descubertos na zona de influencia da cidade. En 1978 púxose fin á Lei seca que viña rexendo dende 1903.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía da cidade está sustentada na produción de petróleo, ademais a cidade actúa como centro de distribución, comercio, industria, transporte e educación dunha área que cobre 22 condados de Texas.
O aeroporto rexional e a Base da Forza Aérea de Dyess, localizada ao oeste da cidade, proporcionan emprego a 4.000 persoas, entre civís e militares. Nas tres universidades da cidade estudan 10.000 alumnos.
Medios de comunicación
[editar | editar a fonte]14 emisoras de radio, 6 estacións de televisión e 1 xornal.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abilene, Texas |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |