Adhesivo
Aparencia
- Non confundir con adherente
Un adhesivo[1] é un soporte de texto ou imaxes impresas ou serigrafadas sobre unha lámina de vinilo, papel ou tea, en cuxa parte posterior se dispuxo dunha fina capa de adherente. Esta lámina vai pegada sobre un papel siliconado ou transfer co fin de manter a capacidade de adhesión até o momento en que se decida fixar esta lámina sobre outra superficie de forma definitiva.
Algúns adhesivos non necesitan a capa adherente, xa que se colocan sobre superficies moi lisas, como o cristal ou a cerámica, e a fixación realízase por efecto electrostático.
Utilízanse tamén como accesorio para decoración de interiores e exteriores, e como soporte publicitario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para adhesivo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adhesivo |