Saltar ao contido

Agapito II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAgapito II, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 955 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán Editar o valor en Wikidata
129º Papa
15 de maio de 946 – 8 de novembro de 955 (Gregoriano)
← Mariño IIXoán XII → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
Influencias

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Agapito II, nado en Roma e finado en outubro de 955, foi o papa n.º 129 da Igrexa católica de 946 a 955.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi elixido papa, ao igual có seu predecesor, por disposición do príncipe e senador romano Alberico II, que ao igual cá súa nai Marozia, someteu durante décadas aos pontífices á súa vontade.

Durante o seu pontificado, en 947 faleceu Hugo de Arlés cando xa abdicara como rei de Italia a favor do seu fillo Lotario. Este morreu no 950 envelenado por Berengario II de Ivrea, quen se fixo coroar rei de Italia xunto ao seu fillo Adalberto, e para afianzar a súa posición, quixo casar a este coa viúva de Lotario, Adelaida de Borgoña

Adelaida pediu auxilio ao rei xermano Otón I, que no 951 entrou en Italia, e en Pavia se fixo proclamar rei dos francos e os lombardos e casou con Adelaida. Ante isto, Berengario cedeu e aceptou rendirlle vasalaxe, polo que foi recoñecido como rei de Italia.

Con esta intervención, Otón I perseguía ser coroado emperador polo papa Agapito II, pero Alberico opúxose e obrigou ao papa a enviar unha embaixada ao rei xermano na que lle comunicaba a súa negativa á coroación imperial.

Esta non foi a última proba de forza por parte de Alberico II, pois antes de morrer no 954, fixo xurar ao pobo romano e ao papa Agapito que ao falecer este sería elixido como pontífice o seu propio fillo Octaviano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.