Ala (baloncesto)
Posicións de Baloncesto |
---|
1. Base |
2. Escolta |
3. Ala |
4. Ala-pivote |
5. Pivote |
Outras posicións |
Sexto home |
Ala ou á (inglés: small forward ou forward), tamén 3 na terminoloxía empregada por adestradores, é unha das 5 posicións dun equipo nunha pista de baloncesto.
Descrición da posición
[editar | editar a fonte]Móvense por posicións distantes do aro, podendo en moitas ocasións desempeñar accións de escolta, cos que ás veces non se diferencian completamente, sobre todo no baloncesto modero. No baloncesto profesional, a estatura dun ala atópase habitualmente entre 1,96 e 2,06 metros. Son capaces de axudar no rebote ou de correr para culminar un contraataque. Coa posesión do balón, deben ser capaces de anotar tanto dende longa distancia coma penetrando a canastra, así coma provocar faltas.
Na actualidade, debido á versatilidade esixida para esta posición, existen diferentes perfís de ala: bos no pase (coma LeBron James[1]), anotadores (Carmelo Anthony, Kevin Durant)[2], ou especialistas defensivos (Metta World Peace[3], Tayshaun Prince). Existen xogadores cun perfil intermedio entre escolta e ala (Paul Pierce, Andre Iguodala), así coma xogadores capaces de facer indistintamente de ala ou de ala-pivote (Dirk Nowitzki, Lamar Odom).
Xogadores históricos
[editar | editar a fonte]NBA
[editar | editar a fonte]Ás elixidos na lista dos 50 mellores xogadores da historia da NBA:
- Elgin Baylor (Los Angeles Lakers)
- Larry Bird (Boston Celtics)
- Billy Cunningham (Philadelphia 76ers)
- Dave DeBusschere (New York Knicks)
- Clyde Drexler (Portland Trail Blazers)
- Julius Erving (Philadelphia 76ers)
- Scottie Pippen (Chicago Bulls)
- James Worthy (Los Angeles Lakers)
*Entre parénteses, o equipo no que cada xogador desenvolveu a maior parte da súa carreira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rosenberg, Michael (21 de maio de 2012). "Artigo en Sports Illustrated" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ Burke, Kevin (10 de xaneiro de 2012). "Anotadores máis versátiles da NBA" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ "Biografía de Metta World Peace" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014.