Alberte Suras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1956 (68 anos) Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía e teatro |
Alberto Suárez Figueiras, nado en Montevideo[1] o 16 de xullo de 1956, é un informático, profesor e escritor galego, coñecido polo pseudónimo literario de Alberte Suras.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes galegos da bisbarra de Bergantiños (Malpica e Ponteceso). Con catro anos e medio regresou dende Montevideo a Vigo, na compaña dos seus pais emigrados en Uruguai. En 1976 conseguiu o Carnet Profesional da Radio, e graduouse en Informática na CTE de Madrid en 1977 e e na Escola Informática da Coruña en 1982, con cualificación de Sobresaliente e mellor expediente académico. Asemade conseguiu por oposición por dúas veces, obtendo o número 1, a praza de Programador de Aplicacións no Centro de Cálculo da Deputación da Coruña (1982, 1985) onde traballou entre 1982 e 1988. Desenvolveu diferentes proxectos de innovación na multinacional NCR (1982-83). En 1988 consegue por oposición a praza de profesor de informática de EMI, obtendo o número 1 e mellor nota a nivel nacional. Asemade foi profesor numerario de sistemas informáticos (1988-2016) en Vigo, Lugo e A Coruña, onde se xubilou no ano 2016. As súas áreas de I+D+i foron a programación, algoritmética e Sistemas operativos.
No campo literario o seu contacto e amizade con Celso Emilio Ferreiro e Manuel María marcou o seu sentimento poético. Ten colaborado con artigos e entrevistas en xornais como La Voz de Galicia, El Progreso, Atlántico Diario, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Sermos Galiza. Ten realizado numerosas actividades literarias e poético-musicais como director de RadioTV Wirtz dende o ano 2011 ao 2015 (Mil versos para Celso Emilio,[3] O meu primeiro Celso Emilio cun cartafol de soños,[4] Miro Casabella o noso cantor ou Quintas-Canella o noso trobeiro). É membro dende 1992 da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Investigación/Proxectos
[editar | editar a fonte]- Informatización xeral castrense 1RM, 1979-1980, CRI Madrid.
- Deseño e implantación dun Soft Treatment of Text nun COCC, 1982, NCR.
- SXI dunha empresa automobilística, 1982, NCR.
- Investigación operativa sobre a carie na provincia da Coruña, 1983, NCR.
- Desenvolvemento informático da Contabilidade Orzamentaria, 1984, Deputación da Coruña.
- Informatización da Biblioteca Provincial, 1984, Deputación da Coruña.
- Tratamento automático da Tesouraría, 1985, Deputación da Coruña.
- Desenvolvemento mediante Java/Javascript dunha Web escolar, 2001, EMI Wirtz.
- Procura avanzada de fondos bibliográficos, 2006, EMI Wirtz.
- Deseño e implantación mediante Java dunha RadioTV, 2011, EMI Wirtz.
- Experimentos e Matrices, 2015, Arte Imagen.
- A luz infinda, 2022, Concello de Malpica de Bergantiños.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Latexos do vento, 1992, Ediciós do Castro.[5]
- Man ergueita sobre meixela dourada, 2008, Universidade da Coruña.
- Olladas dun intre de amor, 2009, Toxosoutos.[6][7]
- hABIa vinte e tres xeitos de dicir o teu nome, 2011, A.C. Alexandre Bóveda.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Vaiche boa lúa polo carreiro da illa, 2010.
Educación
[editar | editar a fonte]- Contos e flores, 2008, AELG (Unidade Didáctica).
- A roseira dunha pega rabilonga, 2008, AELG (Unidade Didáctica).
Edición/coordinación
[editar | editar a fonte]- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario, 2012, A.C. Alexandre Bóveda.
Investigación
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Perspectivas sobre Bóveda, 2011, A.C. Alexandre Bóveda.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG (libro electrónico).
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario, 2012, A.C. Alexandre Bóveda.[8]
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- Manuel María. Libro colectivo de homenaxe, 2017, Deputación de Lugo.
- Antoloxía de Dombate, 2019, Deputación da Coruña.[9]
Cine/RadioTV
[editar | editar a fonte]- Climax, Francisco Lara Polop (Madrid, 1977).
- 40 Principales, Cadena Ser (Madrid, 1977, con Joaquín Luqui e Antonio Bravo).
- Cerebro, Disco Music (Madrid, 1976-1978).
- Vuelo Musical, Radio Juventud (A Coruña, 1980).
- Over the hills and far away, RadioTV Wirtz (A Coruña, 2011-2015).
- Top 100 Wirtz, RadioTV Wirtz (A Coruña, 2011-2015).
- Mil versos para Celso Emilio, RadioTV Wirtz (A Coruña, 2012-2013).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Poesía Concello de Malpica no 1980,[10] por Latexos do vento.
- Finalista Premio Esquío de poesía no 1992.
- Medalla Eduardo Pondal no 1992.
- Premio Nacional Webescolas-Iespana no 2001.[10]
- Finalista Premio Poesía Illas Sisargas no 2007,[10] por Olladas dun intre de amor.[11]
- Premio Eminens RadioTV Wirtz no 2012.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blanco, Patricia (28-8-2009). "«Considérome un poeta cascarilleiro, con alma bergantiñá e recendo de Lucus Augusti»". La Voz de Galicia. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ "Alberte Suras". aelg.gal. setembro 2008. Consultado o 26-6-2020.
- ↑ "“MIL VERSOS PARA CELSO EMILIO” en Radio Wirtz". celsoemilioferreiro.org. 3 de decembro de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "Homenaxe a Celso Emilio Ferrreiro : o meu primer Celso Emilio cun cartafol de soños en concerto". ruc.udc.es. 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "DEZASETE LETRAS NA BRÉTEMA.". covaceltica.blogspot.com. 2-11-2011. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ Mera, Heitor (10-12-2009). "Amarrando felicidade. Unha poesía vital" (PDF). medias.farodevigo.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07-01-2010. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ Roig Rechou, Blanca-Ana (2010). "Informe de Literatura 2009" (PDF). cirp.gal. Centro Investigación Ramón Piñeiro. p. 240. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ Nicolás, Ramón (25-10-2012). "Cartafol de soños. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), VV.AA.". cadernodacritica.wordpress.com. Consultado o 29-7-2020.
- ↑ López, Marta (1-12-2019). "lavozdegalicia.es". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29-7-2020.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "Alberte Suras". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 29-7-2020.
- ↑ Xestoso, Manuel (19-11-2009). "Lume na palabra". anosaterra.com. Arquivado dende o orixinal o 27-07-2020. Consultado o 29-7-2020.