Saltar ao contido

Alberto Castaño Luis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canario
Información persoal
Nome Alberto Castaño Luis
Nacemento 25 de outubro de 1989
Lugar de nacemento Palencia
Altura 1,75 m.
Posición Extremo dereito
Información de club
Club actual Cornellà
Número 17
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2012 Palencia
2012–2013 Cristo Atlético 11 (3)
2013–2014 Espanyol B 55 (5)
2014–2015 Hospitalet 29 (1)
2015–2016 Sestao River 34 (7)
2016–2017 Ebro 13 (3)
2017–2018 Toledo 26 (6)
2018–2023 Atlético Baleares 128 (15)
2023 Córdoba 9 (0)
2023– Cornellà 24 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de abril de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Alberto Castaño Luis, coñecido como Canario, nado en Palencia o 25 de outubro de 1989, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Cornellà, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou na Terceira División na tempada 2008/09 nas filas do Palencia, co que viviu un ascenso a Segunda B e un novo descenso. Tras un breve paso polo Cristo Atlético, xogou durante máis dunha década na Segunda B, vestindo as camisetas do Espanyol B, o Hospitalet, o Sestao River, o Ebro, o Toledo e o Atlético Baleares, equipo este último no que xogou durante cinco anos e medio e do que foi capitán.[1]

Tras un breve paso polo Córdoba, no verán de 2024 asinou como novo xogador do Cornellà, da Primeira División RFEF.[2]

  1. "Canario deja de ser jugador del Atlético Baleares" (en castelán). 26 de xaneiro de 2023. Consultado o 6 de abril de 2024. 
  2. "BIENVENIDO, CANARIO" (en castelán). 26 de xullo de 2023. Consultado o 6 de abril de 2024.