Saltar ao contido

Alejandra Juno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandra Juno
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, escritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisLuis Rodríguez Miguez Editar o valor en Wikidata  e Mariluz Villar Otón Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1833852 BNE: XX4613228 Bitraga: 1972 Dialnet: 3219164 Editar o valor en Wikidata

Alejandra Juno Rodríguez Villar, coñecida como Alejandra Juno, nada en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1973[1], é unha actriz e escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Luis Rodríguez Míguez e Mariluz Villar Otón, é doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e cun mestrado en Estudos teatrais pola Universidade da Coruña.

Comezou no teatro á idade de sete anos no Estudo de Artes Escénicas de Ourense, dirixido pola súa nai Mariluz Villar. Dirixe o grupo de teatro chamado "Juno Teatro", dedicado principalmente á farsa e ó teatro simbólico. Tamén se dedica á escrita dramática, con obras que representa co seu grupo e traballou así mesmo como guionista da TVG, no programa Luar e a serie Terra de Miranda, entre outros.

Dedícase primordialmente á investigación cunha tese doutoral sobre o grupo de teatro compostelán Ditea, dirixida por Xosé Ramón Barreiro, e ten escrito unha serie de artigos sobre cine en El Correo Gallego.

Colabora asiduamente co grupo de teatro Yeses. En 2010 a Editorial Fundamentos, especializada en teatro, publicou dúas das súas obras: Eurolé e El retablo de las criadillas.

En 2012 publicou Cuando Compostela subió el telón,[2][3] un libro sobre os dez primeiros anos de Ditea, o grupo de teatro que os seus pais Luis Rodríguez Miguez e Mariluz Villar crearon en 1960 en Santiago de Compostela, recoñecido como o comezo do teatro galego contemporáneo.

  • El retablo de las criadillas (2007). Deputación de Ourense / Editorial Galaxia.
  • El retablo de las criadillas / Eurolé. Batallitas del viejo continente (2010). Editorial Fundamentos. Colección Espiral, nº 375.
  • Cuando Compostela subió el telón. Crónica sentimental de la década dorada del teatro santiagués, Ditea 1960-1970 (2012). Alvarellos Editora.
  1. Ficha en MulleresExpertas.info.
  2. "Cuanco Compostela subió el telón". Alvarellos Editora. Consultado o 9-3-2016. 
  3. "Obras | Alejandra Juno Obras". www.alejandrajuno.com. Consultado o 9-3-2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]