Alxibe
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Un alxibe (do árabe hispano alǧúbb, algúbb, e este do árabe clásico جب, gubb) é un depósito, polo xeral subterráneo, onde se recolle e se almacena auga xeralmente potábel ou incluso outros líquidos[1]. Podería ser sinónimos con algunhas diferenzas cisterna, pozo ou fosa[2][3]. Adoita cubrirse cunha bóveda de canón ou lixeiramente apuntada ou en cúpula de casquete, erguida en ladrillo. A auga dos alxibes adoita proceder da choiva das cubertas das casas ou de traídas, habitualmente, que se conduce mediante canalizacións. Normalmente é subterráneo, total ou parcialmente, aínda que tamén poden atoparse en construcións escavadas en zonas onde existen grandes moles rochosas. Cómpre non confudir este termo co de talla ou cántaro: depósito destinado a transportar líquidos. En Galicia, por mor da abundancia de precipitacións, non son comúns como en zonas mediterráneas, ou noutros países secos.
Adoita estar construído con ladrillos unidos con morteiro. As paredes internas adoitan estar recubertas dunha mestura de cal, area, óxido de ferro, arxila vermella e resina de lentisco, para impedir filtracións e a putrescencia da auga que contén.
Os modernos adoitan estar construídos de formigón e azulexos.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]O alxibe, durante moito tempo, foi a única fonte de auga potábel en moitas vilas de climas secos, como Capri (Italia), onde posteriormente foi complementada coa importación de auga dende a península
Na antigüidade, nos territorios do Imperio Romano onde o clima era semiárido, como en gran parte da Península Ibérica e na mesma Roma, construíronse grandes depósitos subterráneos onde a auga da choiva se ía almacenando para ser utilizada posteriormente, sendo un sistema doado e sensato para o consumo humano ou agrícola.[5] Este mesmo sistema permitiu facer máis levadío o tempo de secas, xa que a auga se apañaba en depósitos especiais para ser almacenada. Na actualidade aínda se teñen vestixios dos alxibes, onde se poden coñecer as técnicas que foron empregadas para a súa construción, e séguense a descubrir estas grandes obras hidráulicas, principalmente na capital de Italia[6] Os romanos substituíron a pedra arenita utilizada polos gregos pola calcaria e se abandonaron as cubertas chás, adoptándose a partir daquela as bóvedas de canón opus caementicium ou formigón de cal. Estas bóvedas, ademais de ser máis baratas, permitían salvar luces maiores; ademais transmitían cargas horizontais á parte superior dos muros, o que fixo posíbel eliminar os diafragmas ou riostas interiores, sen perigo de colapso, dando unha maior largura ás cisternas. Esta nova forma, menos alongadas e máis larga e fonda, resulta máis racional e económica, pois co mesmo volume de obra de fábrica pódese almacenar unha maior cantidade de auga.[2]
O alxibe converteuse na única forma de fornecer lugares enteiros, como sucedeu na época musulmá no emblemático barrio del Albaicín de Granada; construcións que aínda seguen en uso.[7]
Dende 1970 este método de almacenar auga foise implantando nalgunhas pequenas vilas illadas do Salvador, por exemplo nas abas do volcán Chinchontepec, na proximidade de San Vicente.
Os antigos maias da península do Iucatán, ademais da auga obtida dos cenotes, tiñan alxibes subterráneos chamados chultunes para o almacenamiento de auga de choiva.
Tamén se ten utilizado, e se segue a utilizar este sistema nalgunhas das Illas Canarias, onde o alxibe é parte inseparábel da construción dunha vivenda. Tal é a importancia do alxibe para a vida diaria que as augas que sorten o alxibe pertencen ao propietario da casa, aínda que provñan de tellados ou cales de vivendas achegadas. A lei defende este dereito actualmente.
Extracción
[editar | editar a fonte]Case sempre se utiliza para extraer a auga, a polea (a máquina tractora de acción individual).
Mantemento
[editar | editar a fonte]O mantemento tense que facer polo xeral un par de veces ao ano e inclúe:[8][9]
- Limpeza, desinfección e a eliminación por medios mecánicos de partículas sedimentadas). Tíranse todas as incrustacións (con hidrolimpadora, bomba de desaugamento e aspiradora de líquidos), e límpase e enxáugase toda a área interior, con materiais biodegradábeis (deterxentes), enxáugase de novo cun cepillo duro e, por último, desinféctase (con amoníaco ou lixivia).
- Tapadeiras de acceso ao alxibe: pintar as tampas e mailos seus marcos, para evitar que se corroan e creben, agás que fosen de madeira.
- Estado das tubaxes e trabes de dentro, agás que se empregue un caldeiro e polea para subir a auga.
- Eliminar puntos de acceso de insectos ao interior do alxibe e uso de cal (óxido de calcio).
- Filtracións e fugas de auga nos alxibes, utilizando ladrillo de terraza, azulexos e selado por epóxicos.
- Solucionar a invasión de raíces no interior do alxibe, se non se construíron axeitadamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Definición en Portal das Palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "O alxibe de Teruel.". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015.
- ↑ Etimoloxía de Alxibe
- ↑ Alxibe tradicional na Rexión de Murcia
- ↑ Un-aprovisionamiento-tradicional-de-agua-en-el-sureste-ibrico--los-aljibes-0
- ↑ .http://cultura.elpais.com/cultura/2014/12/03/actualidad/1417633766_145310.html
- ↑ "Ruta dos alxibes de Granada.". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015.
- ↑ "Mantenimiento de aljibes". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2015.
- ↑ Limpeza, desinfección de depósitos e alxibes de auga.
- Van Wesemael, B.; Poesen, J.; Solé Benet, A.; Cara Barrionuevo, L. e Puigdefábregas, J. (1998). Collection and storage of runoff from hillslopes in a semi-arid environment: geomorphic and hydrologic aspects of the aljibe system in Almeria Province, Spain. Journal of Arid Environments 40: 1-14.
- Os alxibes na historia da cultura: a Realización no Campo de Cartaxena. Antonino González Blanco; Francisco López Bermúdez; Alfredo Vera Boti, Universidade de Murcia e Real Academia Alfonso X El Sabio Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de Alxibe |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alxibe |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Traída
- Corgo
- Presa
- Chuvia
- Escorremento
- Encoro
- Aliviadoiro
- Alberca
- Cano
- Bomba hidráulica
- Peitoril
- Cisterna
- Decantador
- Depósito de auga
- Drenaxe
- Pía
- Impluvium
- Cachotaría
- Pozo
- Rega
- Rede de sumidoiros
- Cuberta
- Tubaxe
- Gabia
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Almacenamento tradicional da auga de escoamento en ambientes semiáridos: Aspectos xeomorfolóxicos e hidrolóxicos dos alxibes.[Ligazón morta](en castelán)
- A auga de choiva e a súa recolleita(en castelán)
- Alxibes del Albaicín (Fundación Albaicín-Granada).(en castelán)
- Alxibe da Mesquita Aljama, Granada.(en castelán)
- Navarrete, Martín (15 de febreiro de 2002). "Los Aljibes árabes de Almería recogen una muestra sobre alzheimer" [Os Alxibes árabes da capital almeriense, declarados Ben de Interese Cultural]. ABC (xornal) de Sevilla (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-02-2015. Consultado o 19-03-2015.
- O alxibe árabe de El Llano, Almería.(en castelán)
- Alxibe medieval de Teruel. (en castelán)
- Alxibe tradicional na Rexión de Murcia (en castelán)
- Alxibe fechado(en castelán)
- Alxibe gandeiro (en castelán)
- Alxibes en Buenos Aires, Arxentina. (en castelán)
- Uso correcto de alxibes e depósitos da auga.(en castelán)
- Mantemento de alxibes(en castelán)